A Consellaría de Cultura asegura que se triplicaron os candidatos ás axudas do audiovisual

Moitos apetecedores

30/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hoxe remata o prazo para enviar os traballos da primeira edición do concurso “Curtas na Rede”, a iniciativa organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación, que ata o momento recibiu 221 propostas. Outra convocatoria de audiovisual, a realizada pola Consellaría de Cultura, tamén conta con moitos apetecedores. De feito, a consellaría fixo público un comunicado no que asegurou que se triplicaron os candidatos ás axudas a guión. Segundo esa nota de prensa, o aumento da contía (ata 15.000 euros por guión) e a posibilidade de presentarse de xeito individual foron algúns dos motivos polo que se pasou a 39 guións presentados no 2005 a 120 neste ano. Polo demais, continúa aberta a convocatoria para a produción ou coproducións audiovisuais e interactivas en lingua galega.

Máis información sobre “Curtas na Rede”, sobre os candidatos ás axudas da Xunta no seu web e a convocatoria de axudas a produción e coproducións audiovisuais no noso destacado en AVG

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, AVG, Culturagalega, Lingua galega

Claves

Entidades