Empresas e particulares poden presentarse á convocatoria de axudas presentadas pola Consellaría de Cultura

Como auga de maio

24/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Consellaría de Cultura presentou hoxe as axudas ao sector audiovisual para a produción de curtas, para a escrita individual de guións e para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Unha das novidades máis destacadas é que se poden presentar tanto empresas como particulares á de curtas e á de guións. Segundo figura na nota de prensa da consellaría, a valoración será feita por comisións de “expertos independentes”. Ademais, mudará a forma na que se xestionarán as axudas concedidas, xa que ademais da creación de mecanismos de control de calidade e xustificación dos cartos, o goberno ofrecerá anticipos e buscará sistemas de pagamentos adiantados. Créanse axudas para a produción de curtametraxes feitas por mulleres (en colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade) e por mozos menores de 21 anos (en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude). Polo demais, retira a liña de axudas ao desenvolvemento de series de televisión e abre unha modalidade para impulsar a creación de formatos innovadores para a pequena pantalla.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Igualdade, Mulleres, Dirección Xeral de Xuventude