Rosa Castro, Beatriz Santana, Xosé Castro, Carlos Portela ou Ricardo Llovo son algúns dos beneficiarios das axudas para a redacción de guións en lingua galega que acaba de resolver a ConsellarÃa de Cultura e que supoñen un total de 150.000 euros. Ademais, a SecretarÃa Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e do Consello da Xuventude resolveron os gañadores do concurso “Curtas na rede”. O premio á creatividade e á orixinalidade foi para Pablo Millán por “O Conxuro”, o do publico foi para Eduardo Pérez Lavandeira por “¿Lémbraste cando?” o premio "Entra e navega” para Celia DomÃnguez. Outros dos gañadores foron Pablo Penedo nas categorÃas de comunicación e temática lingua galega e Irene Crespo na de Xuventude.
Consulta a listaxe dos beneficiarios das axudas a desenvolvemento de guión no web da Xunta e no web de Curtas na rede