Convocado “Curtas na rede” para promover a rede como lugar de creación e comunicación

Curtas na rede

10/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Curtrametraxes inéditas, de menos de cinco minutos de duración e en galego. Estas son algunhas das características de “Curtas na rede”, o certame que acaban de convocar a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude, coa colaboración doutras entidades como o Consorcio Audiovisual de Galicia. O certame pretende servir de escaparate do audiovisual galego e promover o uso da rede como espazo para a creación e para a comunicación. A contía dos premios supera os 15.000 euros e a CRTVG fará unha escolma dos traballos premiados para emitilos no programa “Onda Curta”.

Máis información no web

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Comunicación Audiovisual, CRTVG, Consorcio Audiovisual de Galicia...