A Xunta convoca unha nova edición do certame de “Curtas na rede” para promover a creación

Non te esquezas do móbil

13/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual acaba de convocar unha nova edición de “Curtas na rede” para promover a creación multimedia. Os participantes, que deberán ter máis de 15 anos, só precisan un móbil e ter unha idea que contar nun máximo de cinco minutos. Entre as novidades desta edición figura a categoría “cápsulas” que son pezas curtas que duran menos de 3 minutos arredor de tres temas: musicais, falsos trailers e a lingua. O concurso seguirá a mesma fase que en edicións anteriores: recepción dos traballos en DVD, votación na rede (do 22 de setembro ao 22 de outubro) e entrega de premios.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comunicación Audiovisual, DVD

Claves