Ernesto Chao
Actor
Nome completo: Ernesto Chao Pino
Ribadavia (Ourense) 1943
Popularizado no papel de Miro na exitosa teleserie “Pratos combinados” emitida pola TVG. É ante todo un actor de teatro cunha carreira ininterrompida desde 1969. Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas temporadas (1986-87). Protagonizou o telefilme “Condenado a vivir” e ten traballado nunha ducia de produccións cinematográficas desde 1985, o mesmo ano no que comeza a súa carreira televisiva, ligada a TVE e especialmente á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, contando co papel do reitor na teleserie de Antena 3 "Aquí no hay quien viva".
Premios e recoñecementos: En 2002 mereceu o Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego ó mellor actor protagonista polo papel do tetrapléxico Ramón Sampedro en “Condenado a vivir” (dir.Roberto Bodegas). Pola súa interpretación en “O Rei Lear”, en 1991 foi finalista nos Premios Compostela de Teatro na categoría da mellor interpretación masculina protagonista. Este mesmo galardón gañaríao en 1993 pola obra “Galileo, Galilei”. En 2008 a Academia Galega do Audiovisual concedeulle o seu Premio de Honra. En 2010 levou o Premio de honra Pedigree do VII Festival de Cans.

FILMOGRAFÍA
- O ouro do tempo (2012)
- Escoba! (2011)
- Anos despois (2010)
- Doentes (2010)
- A síndrome Cacareco (A verdade na cara) (2010)
- Os mortos van ás présas (2009)
- Conexión (2009)
- Sombras na noite (2008)
- Efectos secundarios (2007)
- En teoría (2006)
- Trece badaladas (2002)
- Días de voda (2002)
- As loiras prefírenos cabaleiros (2002)
- A verdade se non minto (2000)
- Condenado a vivir (1999)
- A noiva de medianoite (1997)
- Pratos combinados (1995)
- A lei da fronteira (1995)
- A metade da vida (1994)
- Urxa (1989)
- Os outros feirantes (1989)
- Lembrando a Xelmírez (1989)
- Divinas palabras (1987)
- Esperanza (1986)
- O mellor (1986)
- Só para nenos (1985)