06/07/2020
A Deputación de Pontevedra presenta un plan de reactivación cultural
Re-Acción Cultural é o nome do programa que presentaba este 3 de xullo a Deputación de Pontevedra para "democratizar a cultura, espallala por todos os recunchos da provincia e, tamén, devolver á xente que a fai posible o refuxio seguro que nos ofreceron a todas e a todos durante os momentos máis duros da pandemia". A presidenta da entidade provincial, Carmela Silva, presentaba esta iniciativa dotada con 2,5 millóns de euros e que se desenvolverá nos eixes da música, o patrimonio e as rutas xacobeas, as artes escénicas, o audiovisual e o cinema, a escrita e mais as accións para espallar a cultura. .
Amplía a nova>>
02/07/2020
Paula Cons estreará La isla de las mentiras en Filmin
La isla de las mentiras filme da directora galega Paula Cons rodado no noso país, chegará ás pantallas do Estado directamente a través da plataforma Filmin. A produción, que tivo a súa estrea mundial na Arxentina, está inspirada no afundimento do buque Santa Isabel fronte ás costas de Sálvora en 1921, e a partir do vindeiro 24 de xullo poderá verse mediante alugueiro en liña e sen custo engadido para subscritores desta plataforma. .
Amplía a nova>>
29/06/2020
Agadic amplía o orzamento das axudas de creación audiovisual convocadas en decembro
A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que leva a cabo unha ampliación do crédito dispoñible para as subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego que se convocaron en decembro de 2019. Respondendo ao impacto producido pola pandemia nas empresas audiovisuais, en consonancia coas medidas adoptadas no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, a Consellería de Cultura e Turismo decidiu a ampliación do número de curtas e guións apoiados na convocatoria 2020, mediante a modificación destas bases. O crédito dispoñible este ano pasa dos 156.000 euros aos 178.000 euros agora co que pretende aumentar o alcance nas modalidades de axuda menores (5.000 e 6.000 euros por produción) para chegar a catro proxectos audiovisuais máis dos inicialmente previstos. Estes cambios afectan ás solicitudes xa presentadas dentro do prazo e que quedaran inicialmente fóra polo esgotamento do crédito. Agadic aínda non deu a coñecer a lista de proxectos beneficiarios..
Amplía a nova>>
23/06/2020
Alberto Vázquez obtén o premio do xurado no Festival do Annecy
Homeless Home, a última curtametraxe dirixida polo coruñés Alberto Vázquez, conseguiu o Premio do Xurado á mellor curtametraxe no Festival de Animación de Annecy. O filme competía na categoría
Cristal con outros 36 proxectos e obtivo o que se considera un dos dous grandes premios do evento para este tipo de producións. O filme, unha coprodución vasco-francesa, segue a liña de animación para adultos coa que Vázquez está a conseguir recoñecemento internacional..
Amplía a nova>>
22/06/2020
O Carballo Interplay voltará cunha edición híbrida en novembro
Logo de ter que adiar a súa celebración por mor da crise sanitaria o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay anuncia para o vindeiro mes de novembro a súa sétima edición. Será entre os día 18 e 21 cando se desenvolva a nova xeira, nun formato híbrido que priorizará os contidos virtuais pero sen desbotar, de ser posible, algunha actividade presencial. Co programa aínda sen fechar, a organización advirte que a prioridade no evento será evitar "calquera risco de contaxio" e fai un chamamento á "responsabilidade colectiva". O CIP tiña programada para o pasado mes de abril a súa edición 2020.
.
Amplía a nova>>
19/06/2020
Alberto Vázquez compite no festival de Annecy con Homeless Home
O Festival de Annecy, principal encontro do cinema de animación en Europa, conta cun filme de autoría galega na súa competición.
Homeless Home, dirixida por Alberto Vázquez, é un dos 37 filmes que compiten polo premio Cristal á mellor curtametraxe da cita. O festival, que se celebra en liña, reúne ata o vindeiro 30 de xuño as principais producións do mundo neste campo.
Homeless Home, de animación 2D por computador e uns quince minutos de duración, é unha coprodución vasco-francesa das empresas Uniko e Autour de Minuit..
Amplía a nova>>
17/06/2020
A crise da Covid 19 impacta máis na cultura do que noutros ámbitos
Conxuntura estatística do ámbito cultural é o título do documento de traballo que acaba de facer público o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG). Neste texto, a entidade analiza o impacto que está a ter a crise derivada da Covid-19 sobre o sector cultural do país, e conclúe que o mesmo está a ser superior ao doutras industrias. Deste xeito, entre as conclusións da análise apúntase que a perda de empregos culturais entre os meses de foi dun 6,3%, dous puntos por riba da media galega. En total 667 empresas do sector cultural solicitaron un ERTE, que afectou a 4.019 persoas, o 28,7% da forza de traballo do conxunto. Estes expedientes foron máis frecuentes en empresas de artes gráficas (243 expedientes) e nas de actividades de creación, artísticas e espectáculos (152 expedientes)..
Amplía a nova>>
12/06/2020
Un Censo para amosar a riqueza do tecido cultural de Vigo e a súa área
A través de redes sociais e grupos de mensaxería instantánea cinco músicos vigueses aproveitaron a etapa para abrir a creación colectiva dun ‘Censo Cultural de Vigo e Área Metropolitana’. Rafa Anido (Sr.Anido), Victor Vacaloura (guitarrista do grupo Os Vacaloura e Nítido), Macarena Montesinos (violoncellista), Adrián Callejo (cantante e músico en Nítido) e Xavier Bértolo deseñaron un cuestionario para que se apuntasen cantos máis artistas e axentes culturais mellor dentro da súa área. Máis de 600 propostas censadas son agora mesmo a demostración do seu éxito colaborativo que conforma un recurso aberto e público de enorme interese que ademais dá un retrato cultural da cidade que non sempre atopa o eco debido. O Observatorio de la cultura, da Fundación Contemporánea deixaba a Vigo como unha das cidades peor valoradas a nivel cultural de toda España, este Censo Cultural participativo é un importante paso para desmentir esa situación. Falamos cos impulsores para saber algunhas cousas máis sobre a elaboración, os resultados e as súas expectativas..
Amplía a nova>>
11/06/2020
Xavier Bermúdez abrirá o 25º OUFF coa estrea de 'Olvido y León'
O director ourensán Xavier Bermúdez fará a estrea mundial da súa nova película,
Olvido y León na apertura do 25º Ourense Film Festival. Será o 25 de setembro cando está prevista esta edición do festival que se prolongará ata o 3 de outubro. O filme de Bermúdez continúa a trama da galardoada
León y Olvido (2004) do mesmo director e guionista, e comezou a rodarse coincidindo coa anterior edición do festival. A secuela mantén como protagonistas a Guillem Jiménez e a Marta Larralde aos que se xuntou Monti Castiñeiras, e foi gravada en diferentes localizacións da provincia de Ourense, como o Balneario de Laias, Cenlle, Arnoia ou Ribadavia, sendo esta a primeira vez que o realizador fai unha rodaxe na súa provincia. Este 2020 celebrase o 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense, organizado pola Fundación Carlos Velo e a Deputación de Ourense. A pesar da situación actual, o persoal que forma parte do certame estivo traballando para sacar adiante o festival e manter as datas previstas..
Amplía a nova>>
10/06/2020
O Curtas festival do Imaxinario estrea hoxe un programa de TV en liña sobre o xénero fantástico
O Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa anunciaba hai ben pouco o seu cambio de denominación e formato, ampliando as súas miras máis alá do cinematográfico e amosando un gran dinamismo de cara a súa celebración entre o 23 de outubro e o 1 de novembro. Hoxe seguen presentando novidades nesa liña como o lanzamento hoxe mesmo dun programa de TV propio en liña sobre a actualidade do cinema fantástico e os seus protagonistas para manter á xente conectada co evento ata a súa celebración. A canle de YouTube e de Facebook do festival emitirán hoxe ás 20:00 horas a primeira entrega deste programa presentando ao director Miguel Ángel Vivas (
Tu hijo,
Secuestrados,
Extinction) e ao realizador arxentino Fabián Forte (
Cosa e Mandinga,
El muerto cuenta su historia,
Malditos Sean) ademais de aportar curiosidades ou tratar outros temas de interese para os afeccionados ao xénero fantástico. O Curtas ven ademais de convocar unha nova edición do seu concurso literario de contos en galego, que leva o título
"Contos arrepiantes para tremer ao carón da lareira". Coordinado por Xosé Duncan, e cun xurado composto por Maite Mosconi, Tomás Rivera e Josué Ramos, o concurso conta cun primeiro premio de 300€ para o relato gañador..
Amplía a nova>>