Novas | 61 a 70 de 4304

<< Anterior Siguiente >>

18/09/2025
O festival Intersección será punto de encontro de estudantes e profesionais do cinema contemporáneo

O festival Internacional Intersección da Coruña celebrará a súa oitava edición do 26 de setembro ao 4 de outubro para ofrecer máis de 100 de películas independentes de 17 países. Desenvolverase en espazos clave da cidade como Cantones Cines, Filmoteca de Galicia, Fundación Luis Seoane e Sala Palexco. O festival actuará ademais como punto de encontro do cinema contemporáneo co seu espazo profesional Nexus, que reunirá a cineastas, produtoras e escolas de cinema de diversos países. Dentro del estará tamén o apartado Intersección Lab. Con esta iniciativa, o festival coruñés ofrece titorías especializadas a creadoras e creadores galegos en fase de desenvolvemento. Este ano, os proxectos que gozan deste acompañamento son 'Antes de nada', de Sabela Eiriz; 'Cando as árbores choran', de Miguel Bouzas; 'GRISGRIS', de Raúl Capdevila Murillo; 'Lembrarás como bailabas', de Alba Gallego; 'Miñacora', de Eva Vaeli; 'Resonancias do escultor', de Uxía Caneda e Javier Darriba; 'Só o ruído', de Santos Díaz; 'SOS', de Nicolás Martínez, e 'Wólfram', de Sara Gil Méndez. Na Sección Galicia competirán este ano 11 filmes que viaxan da memoria íntima á mitoloxía, ou da exploración ecolóxica ás identidades disidentes. Destacan, neste sentido, as proxeccións de 'Deuses de pedra', de Iván Castiñeiras, 'Maldito Espírito', de Carlos Martínez-Peñalver e Alboroque, de Sabrina Fernández Casas.. Amplía a nova>>

17/09/2025
'Sirât' representará a España nos Premios Oscar

A Academia de Cine de España ven de dar a coñecer a elección dos académicos respecto selección da película que representará á cinematografía española na vindeira 98ª edición dos Premios Oscar de Hollywood. 'Sirât', dirixida por Oliver Laxe, foi a elixida das tres finalistas, entre as que estaba tamén o filme 'Romería', de Carla Simón rodado en Vigo. A longametraxe do cineasta galego, gañadora do Premio do Xurado do Festival de Cannes, está protagonizada por Sergi López e traslada ao espectador ao deserto, a unha "rave" perdida en medio das montañas do sur de Marrocos. O seu anterior filme, 'O que arde', xa estivo entre as tres finalistas a representar a España nos Oscar en 2020, pero non foi finalmente a seleccionada. 'Sirât' é unha película orixinal Movistar Plus+ producida en colaboración con Filmes da Ermida (a produtora de Oliver Laxe), El Deseo (dos irmáns Almodovar), Uri Films e 4A4 Productions. Agora haberá que agardar ata o vindeiro 16 de decembro a que se dea a coñecer a lista curta ou "shortlist" dos Oscar, para saber se 'Sirât' continúa o percorrido dentro da competición polo galardón á Mellor Película Internacional. O 22 de xaneiro de 2026 saberanse xa as cinco películas candidatas de todo o mundo nesta categoría e a cerimonia dos Oscar terá lugar o 15 de marzo de 2026 en Los Ángeles.. Amplía a nova>>

15/09/2025
María Vázquez recibirá a homenaxe da 47ª Semana de Cine de Autor de Lugo

A Semana de Cinema de Autor de Lugo, organizada pola asociación Fonmiñá en colaboración coas administracións autonómica, local e provincial e máis a USC, chega este mes á súa cuadrasétima edición. Entre os días 22 e 28 terán lugar 148 proxeccións en cinco espazos da cidade cun programa que inclúe dúas homenaxes. Por un lado celébrase, xa desde o cartel, o centenario do filme 'A Quimera de Ouro', de Charlie Chaplin 'Charlot'. Ademais este ano o festival homenaxea tamén a unha actriz do país, María Vázquez, coa proxección do filme 'A sombra do castiñeiro' (Marcos Varela, 2024), que se verá o luns. O ciclo Cine galego, ofrecerá en total trece obras recentes que amosan a forza do noso audiovisual, e tamén haberá un ciclo Cine de Nadal, en homenaxe ao Belén de Begonte, un referente cultural e artístico do Nadal lucense.. Amplía a nova>>

08/09/2025
Xosé Lois O Carrabouxo recibe o premio RiR en Allariz

Os máis de 40 anos de traballo no humor gráfico de Xosé Lois González, O Carrabouxo, recibiron este sábado 6 de setembro o recoñecemento do Festival Internacional de Curtas de Comedia RiR de Allariz. A sesión de clausura deste programa acolleu a entrega do galardón RiR Contigo, co que o evento recoñece anualmente figuras destacadas do humor.. Amplía a nova>>

05/09/2025
O FIC Bueu dá comezo con enfoque internacional

O Festival Internacional de Cinema de Bueu dará comezo hoxe venres, 5 de setembro, coa proxección de Romería, a nova longametraxe de Carla Simón, coincidindo coa súa estrea en salas comerciais e a súa preselección para representar a España nos premios Oscar. O festival, que se celebrará ata o vindeiro día 20, celebra a súa 18ª edición cun programa que combina cinema, música e encontros profesionais e que traerá á vila morracense a unha corentena de convidados estatais e internacionais. O FICBUEU, como medida de presión ante o xenocidio en Gaza decide un ano máis deixar fóra do proceso de selección ás curtas israelitas financiadas polo goberno de Israel. Amplía a nova>>

03/09/2025
'Sirât' preseleccionada para os premios Oscar

Os intérpretes Emma Suárez e Juan Diego Botto foron os escollidos pola Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas de España para dar a coñecer hoxe os tres títulos da produción estatal preseleccionados para representar ao país como Película Internacional nos vindeiros Premios Oscar estadounidenses. O cuarto filme de Oliver Laxe 'Sirât' é unha destas longametraxes candidatas, que agora terá que pasar por unha nova votación dos académicos para saber se finalmente será a elixida. O vindeiro 17 de setembro darase a coñecer o resultado e a película seleccionada. Nesta terna está tamén 'Romería' de Carla Simón, filme rodado en Vigo e que conta a historia dos pais da realizadora de orixes galegas, que terá a súa estrea en salas esta fin de semana. Completa o trío de candidaturas 'Sorda', de Eva Libertad. 'Sirât' ten como aval o Premio do Xurado do Festival Internacional de Cannes e na súa produción participa a produtora El Deseo, dos irmáns Almodovar.. Amplía a nova>>

03/09/2025
O Chanfaina Lab cumpre dez anos de creación audiovisual

O encontro de creación audiovisual do Concello de San Sandurdiño, o Chanfaina Lab, fai dez anos. Entre o 5 e o 7 de setembro, 25 cineastas profesionais e afeccionados gravarán as súas curtametraxes en diferentes localizacións do concello. O programa, organizado polo concello, propiciou desde o seu nacemento 215 curtametraxes, todas elas dispoñibles en liña. . Amplía a nova>>

02/09/2025
Unha exposición amosa as últimas propostas do videoxogo galego

Unha mostra interactiva que permite a coñecer as últimas propostas galegas no ámbito dos videoxogos. Esta é a proposta que realiza Videoxogo.gal, asociación que agrupa empresas do sector do entretemento electrónico do país, o vindeiro 6 de setembro no centro comercial Pontiñas, en Lalín.. Amplía a nova>>

27/08/2025
A terceira xeira das xornadas Mu2 poñen de relevo o cine mudo en Vigo

Desde este 27 de agosto, e ata o vindeiro día 30, o xardín da Fundación Sales, en Vigo acolle a terceira edición de Mu2. Este encontro, centrado no cinema mudo acompañado de música ao vivo, achega proxeccións de clásicos como A casa da Troia, de 1925, que abre a programación.. Amplía a nova>>

19/08/2025
O filme 'San Simón' estrearase no Festival de San Sebastián

A sección 'Made in Spain' do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián acollerá a estrea da longametraxe 'San Simón' de Miguel A. Delgado o vindeiro mes de setembro. ' San Simón' narra a historia deste campo de concentración que se fundou na pequena illa galega desde os primeiros días da sublevación militar que non deixa de ser unha metáfora do que pretendía crear o fascismo: unha inmensa prisión. Case seis mil persoas de toda España pasaron por ela durante os sete anos que estivo en funcionamento. Era un proxecto totalizador cuxo obxectivo buscaba -literalmente- encerrar a un pobo nunha illa. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org