31/01/2025
Lidia Fraga, Nati Juncal e Jaione Camborda gañan o Premio Mulleres no Foco
O auditorio da sede de Afundación de Pontevedra acolleu a entrega dos premios 'Mulleres no Foco' da Deputación Provincial de Pontevedra, promovido tamén pola Asociación de Mulleres CIMA que ten o obxectivo de dar visibilidade ao papel da muller no sector do audiovisual. Nesta cuarta edición as tres gañadoras estiveron acompañadas das outras once nomeadas.A guionista Lidia Fraga, a prdutora Nati Juncal e a realizadora Jaione Camborda foron as que finalmente levaron este ano os recoñecementos, que están ademais dotados económicamente con 5.000 euros cada un. As outras nomeadas foron Lucía Estévez, Xisela Franco, Andrea Vázquez, Teresa Fernández-Valdés, Uxía Caride, Inés Colmero, Beatriz Legerén, Mayka Braña, María Elva Martínez, María Roja e Carmen Méndez..
Amplía a nova>>
31/01/2025
'Filmei paxaros voando' estréase hoxe en cines
Este venres estrearase en salas de cine a película 'Filmei paxaros voando', ópera prima de Zeltia Outeiriño. O filme, que xa pasou por festivais como Cineuropa terá varios pases ao longo dos vindeiros días en diferentes salas galegas. Os Cines os Cantones da Coruña acollerán este venres ás 22:00 horas a estrea, que incluirá un coloquio con parte do equipo da película. Será o domingo, 2 de febreiro, ás 17:30 nos Multicines Norte de Vigo onde será a seguinte oportunidade de verse este filme. Os días 8, 9 e 10, haberá proxeccións en NUMAX en Santiago, Dúplex en Ferrol e no Cibnceclube Padre Feijoo de Ourense, respectivamente. .
Amplía a nova>>
30/01/2025
Galicia mantén posicións no Observatorio da Cultura estatal
O informe do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España, ven de sacar as súas conclusións e listaxes respecto ao pasado ano 2024. Máis aló das mencións individuais de eventos ou programacións, que fan sacar peito a nivel local, o documento deixa unha instantánea da relevancia e proxección de toda a comunidade así como dos seus cambios en canto ao deseño dos propios contidos máis destacados. No relativo á comparación co resto das comunidades autónomas, Galicia mantén unha estabilidade repetindo un ano máis no sexto posto da lista. Como 'Insignia cultural de Galicia', o nome dado ao máis valorado cada ano, a Cidade da Cultura tamén repite para os expertos consultados. Grazas á mostra 'Galiverso, Habitats' a Cidade da Cultura de Galicia entra tamén na listaxe do mellor da cultura dixital, no posto 41 de 51 propostas. Pola contra, nas listaxe de 'Imprescindibles' estatais nas diferentes disciplinas non hai presenza galega, concentrándose os destaques en Madrid ou Barcelona..
Amplía a nova>>
24/01/2025
Pedralonga Estudios xestionará o Coruña Estudio Inmersivo
A Deputación da Coruña e Pedralonga Estudios asinaron o contrato para a xestión de Coruña Estudo Inmersivo (CEI), aprobada no pleno do pasado 27 de decembro. Coa firma deste documento, a sociedade será a encargada da xestión e explotación do centro de produción virtual VPxR, promovido pola Deputación da Coruña no marco do proxecto "Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia (EDAGA) – Coruña Estudio Inmersivo (CEI)", por un período de 20 anos prorrogables por outros 5 anos máis. Con esta sinatura que se pon fin ao proceso administrativo da posta en marcha da infraestrutura, que será inaugurada durante o mes de febreiro e comezará de xeito inmediato a ser sede dunha formación específica para traballar coa súa tecnoloxía..
Amplía a nova>>
23/01/2025
A Agadic abre as axudas ao talento audiovisual para 2025
O Diario Oficial de Galicia deste 23 de xaneiro publica a convocatoria de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego. Esta liña de axudas, que ten o prazo aberto ata o vindeiro 24 de febreiro, mantén ao igual que en 2024 uns fondos de 176.000 euros..
Amplía a nova>>
23/01/2025
A Rede Cultural da Deputación da Coruña mantén o seu orzamento
Ata o vindeiro 6 de febreiro está aberto o prazo para que artistas e grupos se inscriban na edición 2025 da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O programa, que apoia o desenvolvemento de actividades en concellos de toda a provincia, conta na súa nova xeira cun orzamento de 1.975.000 euros, a mesma cifra que en 2024..
Amplía a nova>>
22/01/2025
Pontevedra acolle os Premios Feroz este 25 de xaneiro
Este sábado 25 de xaneiro o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a XII gala de entrega dos Premios Feroz. A Cidade do Lérez alberga por vez primeira os galardóns que outorga a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) e o Concello artellou arredor desta ocasión unha ambiciosa programación cultural. A última proposta neste sentido é
Ouveo Feroz, unha serie de seis entrevistas que se poden ver na canle de Youtube municipal..
Amplía a nova>>
22/01/2025
Falece o comunicador Xosé Manuel Piñeiro
Na noite deste 21 de xaneiro falecía en Santiago de Compostela, aos 68 anos de idade, Xosé Manuel Piñeiro. O que se fixo coñecido como
Superpiñeiro a partir do seu traballo no programa
Supermartes da TVG, fora un dos rostros máis icónicos da canle autonómica desde o seu debut en 1992. Piñeiro anunciara en 2018 que sufría un mieloma múltiple do que fora dado de alta no ano a seguir..
Amplía a nova>>
13/01/2025
Agadic convoca as axudas a para laboratorios, incubadoras e residencias audiovisuais
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases das subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias audiovisuais, a través das que destina 180.000 euros (20.000 menos que o pasado ano) á organización deste tipo de iniciativas de formación e asesoramento na creación ou desenvolvemento de novos proxectos. Estas axudas convócanse por segundo ano consecutivo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais coa finalidade de favorecer a solvencia e a calidade na posta en marcha de novas propostas para cinema e televisión no camiño cara á fase de produción e, xa que logo, a súa viabilidade artística, técnica e financeira. O prazo de solicitude destas axudas estará aberto na sede electrónica da Xunta de Galicia entre o 11 de xaneiro e o 10 de febreiro para empresas ou asociacións que organicen este tipo de eventos no período comprendido desde a convocatoria ata o 1 de xullo de 2026. A concesión máxima sitúase no 80% do orzamento subvencionable, cun límite de 50.000 euros..
Amplía a nova>>
07/01/2025
Lois Patiño e Iván Castiñeiras estrearán filmes no festival de Rotterdam
O International Film Festival de Rotterdam incluirá no seu programa deste ano dous filmes galegos que farán a lí a súa estrea mundial. Será o caso do filme 'Ariel', novo traballo de Lois Patiño, unha reinterpretación inmersiva da Tempestade de Shakespeare ambientada nas illas Azores. 'Ariel' é unha obra de teatro dentro dunha película, sobre unha actriz arxentina que desembarca nunha estraña e encantadora illa onde os seus habitantes transcenderon a personaxes shakespearianos. Lois Patiño adorna a súa última función con paisaxes acuáticas relucentes e terreos encantadores que aparentemente están posuídos por enerxías do outro mundo, difuminando a liña entre a realidade e a fantasía, forzando o paso do tempo a seguir sendo ambiguo. O filme incluirase na sección "Harbour" na que se dá acubillo a toda a gama de cine contemporáno que defende este encontro..
Amplía a nova>>