Falece o comunicador Xosé Manuel Piñeiro

Coñecido como Superpiñeiro, foi un dos rostros históricos da CRTVG

Xosé Manuel Piñeiro. Fonte: Wikipedia Commons. Marcus Fernández CC BY-SA 4.0
Xosé Manuel Piñeiro. Fonte: Wikipedia Commons. Marcus Fernández CC BY-SA 4.0
Na noite deste 21 de xaneiro falecía en Santiago de Compostela, aos 68 anos de idade, Xosé Manuel Piñeiro. O que se fixo coñecido como Superpiñeiro a partir do seu traballo no programa Supermartes da TVG, fora un dos rostros máis icónicos da canle autonómica desde o seu debut en 1992. Piñeiro anunciara en 2018 que sufría un mieloma múltiple do que fora dado de alta no ano a seguir.

Para alén do seu labor no Supermartes, que presentou ata 2005, conduciu outros espazos televisivos como Tequelexou, Acompáñenos ou, desde 2011 Bamboleo. Ademais, ao longo dos últimos trinta anos desenvolveu múltiples colaboracións en programas radiofónicos e na prensa escrita. En 2020 foi recoñecido coa Medalla Castelao polo seu traballo.