24/01/2023
Lois Patiño súmase á representación galega na Berlinale
A Berlinale acollerá a estrea mundial da última longametraxe do director galego Lois Patiño.
Samsara chegará por vez primeira ás pantallas no marco da sección Encounters do recoñecido festival alemán. O filme parte do
Libro dos Mortos tibetano para seguir o proceso de reencarnación dunha anciá de Laos como unha cabra nun pobo costeiro de Zanzíbar..
Amplía a nova>>
19/01/2023
Álvaro Gago estreará 'Matria' na Berlinale
'Matria', a primeira longametraxe de Álvaro Gago (Vigo, 1986), participará na Berlinale, un dos festivais de cine máis importantes do mundo, que se celebra en Berlín do 16 ao 26 de febreiro. Alí a película terá a súa estrea mundial o día 17 de febreiro, a competición dentro da sección Panorama. 'Matria' parte da personaxe principal da curtametraxe homónima realizada en 2017 que levou a Álvaro Gago a recibir innumerables recoñecementos a nivel nacional e internacional, como o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance 2018 ou a selección como finalista ao Goya á Mellor Curtametraxe de Ficción en 2019. Con 'Matria' serán dúas as producións que levan historias galegas ao festival Internacional de Berlín, xa que tamén se presentará alí a película 'Sica', longametraxe da directora catalá Carla Subirana que foi seleccionada para participar na sección Generation. A longametraxe, rodada integramente na Costa da Morte e en galego está participada na produción por Miramemira.
Amplía a nova>>
17/01/2023
Tareixa navaza é recoñecida co II Premio de Honra Dolores Ben
"Unha imprescindíbel do xornalismo, o primeiro rostro da televisión en galego", así define a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) a Tareixa Navaza, a quen acaba de recoñecer do II Premio de Honra Dolores Ben. O galardón valora o traballo de persoas e institucións "que encarnan os valores de loita e defensa do ben común" da que foi presidenta da entidade entre os anos 2007 e 2019..
Amplía a nova>>
17/01/2023
O audiovisual protagoniza as III Xornadas de Normalización
As posibilidades do audiovisual como medio normalizador, particularmente no ensino, centran as III Xornadas de Normalización Lingüística. A Mesa pola Normalización, o sindicato CIG-Ensino e mais a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) organizan o encontro que se desenvolverá este 21 de xaneiro en Santiago de Compostela..
Amplía a nova>>
13/01/2023
A Xunta aumenta as axudas aos festivais audiovisuais galegos
A Axencia Galega de Industrias Culturais publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as bases da convocatoria de subvencións a festivais galegos do sector audiovisual, que veñen sumarse así ás liñas de axuda audiovisual publicadas onte mesmo polo ente autonómico. Convocadas en réxime de concorrencia competitiva, esta liña diríxense a persoas físicas, xurídicas e a entidades locais organizadoras de festivais que teñan lugar entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023. Entre os requisitos exixidos, establécese unha duración mínima de catro xornadas con, cando menos, 20 proxeccións, así como contar con tres edicións consecutivas nos anos inmediatamente anteriores. Ademais, a proposta de programación debe conter un 5% de títulos ou cinco sesións de produción cinematográfica e/ou dirección galegas. A nova convocatoria mantén a tendencia de crecemento orzamentario que xa viña experimentando desde 2015 e marca unha nova cifra máxima cunha dotación de 225.000 euros, aumentando en 15.000 euros a dotación pasado ano. Esta diferenza vai directa á modalidade de axudas dirixidas a entidades locais promotoras destes eventos, mentres que no pasado ano aumentárase considerablemente a parte destinada a asociacións, a máis cuantiosa en todo caso. Deste xeito o reparto do orzamento queda repartido do seguinte xeito entre o tipo de entidades promotoras de festivais: 35.000 euros para entidades locais; 20.000 euros para empresas; 170.000 euros para asociacións. .
Amplía a nova>>
12/01/2023
Os videoxogos galegos terán axudas para acudir a foros profesionais
A nova convocatoria das axudas da Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC) á comercialización e difusión de contidos audiovisuais para apoiar a súa presenza en foros de negocio especializados e eventos fóra de Galicia ven de incorporar tamén a categoría de videoxogos, de xeito acorde ao tratamento que estes produtos teñen no HUB Audiovisual da Xunta de Galicia. Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a resolución coas bases destas axudas, que engaden estes produtos ao resto dos contidos audiovisuais susceptibles de recibir axuda autonómica para acudir aos foros especializados internacionais e do resto de España. O orzamento non varía respecto á anterior convocatoria, mantendo os 50.000 euros. A máxima subvención á que pode aspirar unha produción audiovisual galega, segundo as bases é de 20.000 euros, no caso de acudir á entrega dos premios Oscar da academia cinematográfica estadounidense cunha longametraxe de produción galega como finalista a mellor filme de fala non inglesa. As concesións de axuda fanse en réxime de concorrencia non competitiva..
Amplía a nova>>
04/01/2023
Os Premios Mestre Mateo baten marcas de participación
A Academia Galega do Audiovisual abriu o prazo de votación para seleccionar os proxectos finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo. A entidade destacou que a convocatoria conseguiu unha marca de participación ao sumar 194 proxectos a competición para as súas 26 categorías, un 19,7% máis respecto á pasada edición. Destes, un 67,3% teñen a súa versión orixinal en galego..
Amplía a nova>>
02/01/2023
Dispoñible en liña o documental sobre o naufraxio do 'City of Agra'
A produtora Vizuals Lab acaba de publicar o documental completo do naufraxio do 'City of Agra', un mercante británico que naufragou en 1897 diante das costas de Arou e Camelle. O barco partira de Glasgow e ía destino a Calcuta. O documental permite a súa visualización completa, un modo con subtítulos ou tamén o acceso por temáticas concretas, xunto coa descarga de fichas e material documental. O proxecto foi elaborado coa colaboración da Deputación da Coruña.
Amplía a nova>>
27/12/2022
Xosé Antón Cascudo gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
A obra
A mística da feminidade en Mad Men, de Xosé Antón Cascudo, foi seleccionada polo xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio como vencedora da edición deste 2022. O galardón, dotado con 3.000 euros, está organizado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e mais a Editorial Galaxia, que publicará a obra, co patrocinio de Caixa Rural Galega..
Amplía a nova>>
22/12/2022
A CRTVG abre tres novas canles na rede para o público máis novo
Cos títulos de
Pequerrech@s,
Cativ@s e
Mociñ@s, a CRTVG presentaba este 21 de decembro as súas tres novas canles específicas para público infantil por Internet. As emisións acumulan un total de 46 títulos e máis de 2.600 episodios e poden seguirse mediante transmisións en streaming no web e na app da corporación..
Amplía a nova>>