As posibilidades do audiovisual como medio normalizador, particularmente no ensino, centran as III Xornadas de Normalización LingüÃstica. A Mesa pola Normalización, o sindicato CIG-Ensino e mais a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) organizan o encontro que se desenvolverá este 21 de xaneiro en Santiago de Compostela.
Entre as cuestións que se abordarán na xornada está a da pluralidade lingüÃstica nas plataformas de televisión, cunha mesa redonda na que intervirán Marcos Maceira Eiras, da Mesa, Paul Bilbao Sarria do Euskalgintzare Kontseilua e Francesc Marco Palau da Plataforma per la Llengua catalá. Canda a isto debaterase se a lingua no audiovisual pode se empregar como modelo para as aulas e presentarase a Iniciativa XabarÃn da Mesa, que reclama contidos audiovisuais na nosa lingua para a mocidade.
Na sesión de tarde presentaranse diferentes propostas normalizadoras no campo audiovisual susceptibles de se empregar no ensino, coa participación de representantes do Concurso de Curtametraxes da AS-PG, de Youtubeir@s e de Olloboi. Dous obradoiros sobre creación audiovisual e dobraxe nas aulas completan o programa. A inscrición á xornada é de balde.