31/03/2008
O Consorcio Audiovisual convoca Curtas´08 con novidades destacadas con respecto ás anteriores edicións
Catro curtametraxes poderán parte de Curtas´08, ou o que é o mesmo, o programa de promoción deste tipo de formatos que organiza o Consorcio Audiovisual de Galicia. Entre as principais novidades desta edición, pendente de saír publicada no DOG, pasa porque os traballos seleccionados recibirán unha axuda económica de 3.000 euros co obxecto de facilitar a súa promoción e difusión nos mercados e festivais nacionais e internacionais. A segunda novidades pasa porque a curta gañadora do premio do público á mellor curtametraxe de animación do Festival de Cans entrará directamente a formar parte do catálogo Curtas´08..
Amplía a nova>>
31/03/2008
Margarita Ledo ingresa no Plenario da Real Academia Galega
É xornalista, escritora, cineasta e catedrática en Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias de Comunicación. E desde este sábado tamén académica numeraria da Real Academia Galega. Margarita Ledo (Castro de Rei, Terra Cha, 1951) ingresou na RAG para ocupar a vacante deixada por Miguel Anxo Araúxo Iglesias. .
Amplía a nova>>
28/03/2008
O Festival de Cans concede o seu premio de honra ao actor Chete Lera
O festival máis orixinal do panorama galego quenta motores. A localidade pontevedresa de Cans celebrará do 21 ao 24 de maio a cuarta edición do seu festival de curtametraxes, que nesta ocasión recibiu máis de cen traballos, entre as producións de ficción, de animación e documentais, e uns 30 videoclips. Ademais, a organización acaba de dar a coñecer que o seu premio de honra, o Pedigree´08 que recoñece a mellor traxectoria, recaerá no actor estradense Chete Lera. Entre as novidades desta edición é que o premio contará con dotación económica (1.500 euros)..
Amplía a nova>>
27/03/2008
Sada crea o primeiro festival de cine transgresor e absurdo
Se tes un filme orixinal que non exceda dos vinte minutos, faille unha copia, méteo nun sobre e envíao ao “Festival de Cine Centrifugado e Canalla” de Sada. Un certame que crea a primeira edición e conta con catro premios (mellor curta de ficción, en galego, de humor canalla e centrifugado). Para máis información CCyCProducciones@hotmail.com.
Amplía a nova>>
26/03/2008
Vaca Films presenta a súa última película para televisión, “O tesouro”
Fran é un rapaz que quere ser un lobo de mar. Como é fillo de emigrantes, á morte da súa nai decide voltar a Galicia pero nese camiño a droga crúzase na súa vida. Esta é a historia do “Tesouro” a última película para televisión de Vaca Films que acaba de estrear na Coruña. A produción poderase ver na Televisión de Galicia a mediados de ano..
Amplía a nova>>
24/03/2008
Comunicación convoca axudas para a celebración festivais de cine
Aquelas entidades que organicen festivais, certames, semanas, mostras ou galas para promover a produción audiovisual en Galicia poden acollerse as axudas que acaba de convocar a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (DOG 56, 24 de marzo) para a organización deste tipo de eventos. O historial, a súa repercusión, o número de países son algúns dos criterios que determinarán a contía da axuda (que non pode superar o 40% do orzamento final)..
Amplía a nova>>
18/03/2008
Os concellos e a Televisión de Galicia amosarán películas feitas en países árabes
A Axencia Audiovisual Galega e o Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal xuntaron os seus esforzos para poder achegar ao público galego o cine árabe. Un acordo que ten lugar en dúas frontes: unha cun ciclo de cine que fai parte do programa “Cinemas dixitais”, que achega producións audiovisuais aos concellos; a outra a través da Televisión de Galicia que emitirá as películas que se viron na última edición do Festival de Cine Amal en versión original subtitulada..
Amplía a nova>>
17/03/2008
Rithy Pan e Eloy Enciso gañan os premios a mellores documentais do Play-Doc
Rithy Pan, director da longametraxe documental “O papel non pode envolver a brasa” foi o gañador na categoría de longametraxes do Play Doc 2008. O xurado valorou o documental “por atopar un lugar común para a mirada crítica e a construción fílmica, ao darnos a ver con solidez e empatía unha historia particular, enmarcada na historia dun pais”. O premio á mellor produción documental galega, categoría convocada por primeira vez, foi para “Pic-nic”, de Eloy Enciso, no que o xurado destacou: “o rigor na construción dun dispositivo cinematográfico que nos permite achegarnos a momentos de vida que, doutro xeito, a cámara non sería quen de atrapar”. O festival de cine documental Play-Doc, que se celebrou en Tui do 12 ao 16 de marzo tamén premiou a curtametraxe “O Xastre”, de Óscar Pérez, e na categoría “Maratón Play-Doc”, obtiveron o dereito a converter a curta en longa Diana Gonçalves e Miguel Barbosa, de Allariz, co seu traballo “Trapicheiras”, sobre o papel das mulleres no contrabando transfronteirizo..
Amplía a nova>>
17/03/2008
Carlos Amil e Xoan Cabanas adaptan para o cine a novela de Xabier Docampo, “A casa da luz”
Xoán Cabanas Cao como produtor e Carlos Amil como director son os reponsables de levar á gran pantalla “A casa da luz”, a novela de Xabier Docampo. Unha historia que conta a aventura dun grupo de nenos cando un deles desaparece nun mundo descoñecido e misterioso. O proxecto pretende contar con actores galegos, por iso fará probas de reparto en todas as bisbarras de Galicia. A película rodarase en galego, con imaxe real e está pensada para todos os públicos..
Amplía a nova>>
13/03/2008
O Consorcio convoca a segunda edición do seu catálogo para promover os documentais
“Docs Galicia 08” é a nova convocatoria do Consorcio Audiovisual de Galicia, co fin de promover e difundir os documentais galegos. Trátase da segunda edición deste programa que pretende elaborar un catálogo promocional e que este ano incorpora unha novidade: as produtoras seleccionadas recibirán un máximo de 4.500 euros por proxecto para poder asistir a mercados e festivais nacionais e internacionais. A convocatoria estará aberta a todas as produtoras galegas durante un mes despois da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia..
Amplía a nova>>