09/06/2009
Televisión de Galicia retoma esta noite o documental sobre as vacas tolas
Despois de ser cancelada a súa emisión por “razóns de responsabilidade social”, a Televisión de Galicia recupera no seu horario habitual a serie documental
A Caixa Negra. E faino co capítulo que comezou o conflicto a semana pasada, aquel que lembra a crise alimentaria que se produciu no país despois da alarma social creada polo mal das vacas tolas. .
Amplía a nova>>
09/06/2009
Sombras e luces da TDT
Hai máis de tres anos anunciouse a chegada da Televisión Dixital Terrestre como a gran revolución televisiva. Mesmo chegou a dicirse que a revolución era só comparable co paso do branco e negro a cor. A menos dun ano de producirse o apagón analóxico, a TDT segue a ser unha gran descoñecida. Achegamos un manual para os galegos que aínda non se manexan neste proceloso mundo. .
Amplía a nova>>
05/06/2009
TVG adía a decisión de emitir o documental sobre as vacas tolas
Foron as “razóns de responsabilidade social” as que obrigaron á nova dirección de Televisión de Galicia a adiar a emisión do capítulo da serie
A Caixa Negra que lembraba o mal das vacas tolas. Así o afirmaron nun ambiguo comunicado no que aseguraron que a serie recuperará o seu horario normal de emisión o vindeiro martes. O que non aclaran desde o gabinete de prensa da TVG é se se emitirá o documental censurado ou se continuará coas outras entregas desta serie composta por 13 capítulos. Pero o vídeo xa está ao dispor dos usuarios desde onte en Youtube. Filmanova, a produtora da serie, asegura non ter nada que ver coa aparición dese video no coñecido portal..
Amplía a nova>>
05/06/2009
A Xunta non exporá o fondo Cortázar no 25 cabodano do seu pasamento
Neste 2009 cúmprense vinte e cinco anos do pasamento de Julio Cortázar (1914-1984). Unha cita que non ten previsto celebración especial no noso país, e iso que o fondo fotográfico e fílmico do escritor se depositan (en custodia, que non en doazón) no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) desde o ano 2005. Así o revela hoxe
Xornal que asegura que a Xunta non ten previsto realizar ningunha actividade conmemorativa que permita achegarse a ese leigado. O que si se pode facer é o paseo virtual por ese material, dispoñible no web do CGAI. .
Amplía a nova>>
05/06/2009
O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Eloi Lozano
Foi un gran impulsor do audiovisual no noso país e un dos promotores do Festival de Cine de Ourense. Por iso, esta edición do festival (do 10 ao 17 de outubro) recuperará a figura de Eloi Lozano. O director-xerente do encontro, Enrique Nicanor, avanza que será a proxección dun dos seus filmes e, “na medida do posible, procuraremos que haxa un coloquio sobre a súa figura porque en Ourense deixou moitos amigos”. Esta homenaxe únese á doutro orensán, Eduardo Blanco Amor, cando se cumpre o cincuenta aniversario da publicación de
A esmorga. Para iso, está previsto que se proxecte a versión cinematográfica da novela ao tempo que se busca material documental e se xestiona a presenza na cidade dos protagonistas e os actores da película. .
Amplía a nova>>
04/06/2009
Parada e fonda
É un dos combates máis antigos da humanidade, dunha banda o poderío físico dos cabalos e da outra, a racionalizacion humana. A rapa das bestas é un espectáculo pero tamén unha tradición ancestral que se celebra no noso país. O fotógrafo Ramón Vaamonde percorreu a temporada de curros do 2008 coa súa cámara da que saíu o proxecto fotográfico
A parada das bestas, que se exhibe na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña. Unha iniciativa que nace dunha bolsa de primeira obra que concede esta entidade financeira..
Amplía a nova>>
03/06/2009
Chega ás tendas Doraemon: Odisea no espazo
Do mesmo xeito que en anteriores entregas, o último DVD da popular serie de animación Doraemon sae ao mercado con versión na nosa lingua. Luk Internacional confirma que xa está á venda
Doraemon: Odisea no espazo con opcións nas tres linguas cooficiais do Estado. Desta volta, o filme que leva os protagonistas ao interior dun xogo de ordenador..
Amplía a nova>>
03/06/2009
Pontevedra acolle un ciclo que analiza a evolución do documental
Foi un dos xéneros en auxe nos últimos e tempos e, lonxe de estancarse continúa a evolucionar. E eses cambios son os que pretende tratar o ciclo
Do documento ao cine documental que organiza a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Un curso que analiza conceptos como imaxe, fronteira ou contaminación da man de profesores de diferentes universidades españolas. Ademais, entre os obxectivos do curso que se desenvolve do 22 ao 30 de xuño, figura o de crear un glosario terminolóxico básico sobre o eido documental..
Amplía a nova>>
02/06/2009
Un curso analizará a relación do sector audiovisual con outras industrias culturais
A prensa, a banda deseñada, a música ou a literatura son, alén de industrias culturais, fonte de inspiración para moitas producións audiovisuais. E sobre esa relación falarán máis de trinta expertos no marco do curso
O audiovisual e as industrias culturais que desenvolven en Celanova (8-10 de xullo) a Fundación Casares, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Universidade de Vigo. O programa contempla desde mesas redondas e conferencias maxistrais, xunto con proxeccións do audiovisual máis recente. .
Amplía a nova>>
01/06/2009
Rosa Vilas e Rosa Martínez serán as directoras da TVG e da Radio Galega
Comparten nome, unha ampla tarxectoria vencelladas aos informativos da corporación pública e, a partir de hoxe, a dirección dos medios públicos. Rosa Vilas e Rosa Martínez son as novas directoras da Televisión de Galicia e a Radio Galega, respectivamente. Canda estes nomeamentos, está o de Miguel Barrio como director económico da corporación. Deste xeito complétase o equipo co que Alfonso Sánchez Izquierdo dirixirá a CRTVG..
Amplía a nova>>