16/11/2011
Cineuropa en trailers: mércores 16
Despois da gala-concerto de Jorge Drexler, Cineuropa explora novos territorios. O audiovisual galego protagoniza unha xornada coa presenza de varios títulos de Xurxo Chirro, Borja Mucientes e Antonio Caeiro. Ademais, o Salón Teatro acollerá un coloquio logo da proxección de "Mercado de futuros", producida por Xosé Zapata. O CGAC, o Salón Teatro, a fundación da Novacaixagalicia-CSM e o Teatro Principal teñen programadas proxeccións nun dos días máis completos do certame..
Amplía a nova>>
15/11/2011
Cineuropa en trailers: martes 15
O Auditorio de Galicia acolle esta noite a terceira gran celebración desta edición de Cineuropa coa entrega do premio do festival a Jorge Drexler (Montevideo, 1954). O compositor e gañador dun Óscar pola banda sonora de Diarios de motocicleta recollerá un premio e ofrecerá un concerto para presentar o seu novo traballo,
Mundo Abisal. Malia ser o evento do día en Cineuropa, hoxe tamén hai espazo no Salón Teatro e no CGAC para as proxeccións cinematográficas..
Amplía a nova>>
14/11/2011
Ábrese o prazo de presentación de candidaturas para os Mestre Mateo 2011
Todas aquelas producións audiovisuais realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste ano poderán concorrer aos Mestre Mateo, os galardóns que recoñecen os mellores traballos do sector. A Academia Galega do Audiovisual acaba de convocar unha nova edición deste certame coa publicación das bases no seu sitio web. Mantéñense as mesmas categorías (un total de 26) que en edicións anteriores e a faise público o calendario desta edición. O vindeiro 24 de xaneiro publicaranse as candidaturas definitivas mentres que a gala terá lugar o 16 de abril de 2012..
Amplía a nova>>
14/11/2011
Cineuropa en trailers: luns 14
No marco da presentación de producións audiovisuais galegas hoxe é o momento de
Outro máis, a película para televisión dirixida por Ricardo Llovo. Un filme que ficciona as relacións veciñais despois dunha marea negra. Canda esta producion, continúa as proxeccións do ciclo alemán, da sección oficial. Ademais, completa a programación unha mesa redonda na que se debaterá sobre o papel e o futuro deste tipo de encontros..
Amplía a nova>>
11/11/2011
O Festival de Cine de Ourense tivo 10.000 espectadores na última edición
Dúas semanas despois do peche da 16 edición, o Consorcio do Festival de Cine de Ourense acaba de facer público as cifras de asistentes. Nesta ocasión pasearon por alí preto de 10.000 espectadores, que supón un 16% respecto á pasada edición. Deses espectadores, as proxeccións de Cinebox foron as máis seguidas (5.229) logo do Auditorio (3.191 euros) e do Teatro Principal (726). Por formatos, as longametraxes conseguiron captar a un maior número de público, menters que no caso dos ciclos o de comedia obtivo mellores resultados. Con todo, a presidenta do Consorcio e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, destacou a diminución dos escolares presente na gala do OUff Escola e, con todo, destacou a presenza “dos docentes nestes momentos difíciles para as actividades extraescolares”..
Amplía a nova>>
10/11/2011
A CTRVG empregará un terzo do seu orzamento de explotación no sector audiovisual
Coproducións audiovisuais, compras de dereitos, series de ficción, programas de entretemento, producións asociadas… en resumidas contas, os produtos que impulsan o sector audiovisual galego. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, anunciou onte no Parlamento que destinará a este fin unha terceira parte do orzamento de explotación da Televisión de Galicia. É unha das medidas na explicación do gasto dos fondos que disporá o ente para o vindeiro ano e que se reducen un 3.6% con respecto a 2011. En total, a CRTVG terá para o 2012 117 millóns de euros..
Amplía a nova>>
10/11/2011
Cineuropa en trailers: xoves 10
A máis madrugadora das sección da programación deste Cineuropa é, coma sempre, a que está destinada aos máis pequenos. O filme Astro Boy é o encargado de abrir, ás 10:30 da mañá, as proxeccións de “Cine Miúdo””. E pola tarde, inaugura a sección oficial competitiva Tiranosaro, unha cinta premiada no Sundance sobre a relación entre Joseph (Peter Mullan), un viúvo alcohólico e dominado pola violencia, e unha traballadora dunha sociedade relixiosa(Olivia Colman). Joseph búrlase da fe de Hannah e da súa idílica existencia ata que descobre que a súa vida non ten nada de plácida. A sesión de hoxe complétase coas proxeccións na Sede Fundación Novacaixagalicia de filmes sobre Elvis Presley e aqueles filmes que marcaron a traxectoria deste festival..
Amplía a nova>>
09/11/2011
Sesión número 25
“Un festival é un ente orgánico que medra, cambia e mesmo algún desaparece” bromeou Jose Luis Losa na presentación da edición número vinte e cinco de Cineuropa. Sen embargo, o festival de Santiago segue fiel á fórmula que o veu nacer hai un cuarto de século. Cinema independente, de calidade, fóra dos circuítos comerciais e, por suposto, cintas premiadas noutros encontros de referencia. Nesta edición, o encontro cumpre vinte e cinco anos co anuncio de cambios no modelo de xestión e nos formatos..
Amplía a nova>>
09/11/2011
As imprescindibles de 2011
De entre a marabunta de filmes que conforman a programación desa edición de Cineuropa, Jose Luis Losa, o seu director selecciona para Culturagalega.org “as imprescindibles”. Son cinco títulos que non deben faltar na previsión do espectador e que resumen a esencia da programación deste ano. L`Apollonide (Bertrand Bonello), O cabalo de Torino (Bella Atar), A guerra foi declarada (Vallerie Donzelli), O neno da bicicleta (Jean-Pierre Dardenne e Luc Dardenne) e Fausto (Alexandr Sokurov) son os títulos escollidos nesta edición de 2011..
Amplía a nova>>
08/11/2011
Cineuropa estreará Outro máis, un filme sobre as consecuencias da marea negra
É unha ficción pero podería ter acontencido perfectamente porque
Outro máis recrea como lle afecta as relacións dos veciños dunha vila costeira galega unha marea negra. A película para televisión de Filmanova é una das producións que se estrean no marco de Cineuropa, o festival de cinema de Santiago. A proxección, prevista para o luns, 14 de novembro ás 20:15 horas no Teatro Principal, está dirixida por Ricardo Llovo e protagonizada por María Vázquez, Fran Peleteiro, Marta Larralde ou Toñito de Poi, entre outros..
Amplía a nova>>