03/07/2024		  
                A deputación da Coruña reparte medio millón de euros en apoio a 23 festivais de concellos 
Noventa asociacións culturais, veciñais ou de outras naturezas pero sen ánimo de lucro da provincia da Coruña recibirán axudas da Deputación para a realización de investimentos culturais, por un valor de 297.978 euros. As entidades sen ánimo de lucro beneficiarias recibirán importes de entre 1.500 euros ata o máximo de 14.000 euros que se destina a Asociación para a defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) para investimentos no seu programa "Ciencia cidadá" 2024. Así consta na resolución definitiva publicada no BOP da Coruña polo ente provincial o pasado 25 de xuño. Ademais diso a Deputación da Coruña destinará unha partida de 535.304 euros para o programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia durante o ano 2024. Neste exercicio son 23 os beneficiarios, entre eles Carballo Interplay, Cineuropa, Curtocircuíto, Á esCEEna, Rock in Cambre e Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Recibirán axudas de entre 3.000 e 65.000 euros. A relación de beneficiarios e o importe das subvencións publicáronse no BOP do 27 de xuño.. 
Amplía a nova>>
                          
		  02/07/2024		  
                A Deputación da Coruña aumenta o seu apoio ao Clúster Audiovisual 
A Deputación Provincial da Coruña ven de asinar un convenio co Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) polo cal financiará con 244.647,65 euros a actividade do Clúster ata o 21 de marzo de 2025. O pasado ano ambas entidades asinaron un acordo vencellado ao desenvolvemento do "Proxecto I+P, INCUBA" polo cal o ente provincial achegaba 30.000 euros, co cal o actual convenio supón un incremento moi importante da achega provincial á actividade do CLAG.  Este convenio preséntase como xeito de contribuír á consolidación da provincia e de Galicia como referencia nacional e internacional no sector. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente do Clúster, Alfonso Blanco, foron os asinantes nun acto que contou coa presenza da deputada de Industria e Empresa, Rosa Ana García.. 
Amplía a nova>>
                          
		  02/07/2024		  
                O Fancine de Lemos dá comezo á súa décima edición 
Desde este día 2 e ata o vindeiro 7 de xullo Monforte de Lemos acolle a décima edición do Fancine. O Festival de Xéneros Fantásticos conta nesta ocasión con 24 curtametraxes a concurso, que se poderán ver na Casa da Cultura e mais no Cine Hollywood. Estes últimos acollerán ademais as cinco longametraxes que fan parte da programación desta xeira.. 
Amplía a nova>>
                          
		  28/06/2024		  
                AGADIC aumenta as axudas para produción de longametraxes cinematográficas 
Poucos días despois da convocatoria de axudas para a realización de rodaxes en Galicia a Xunta ven de aumentar a súa aposta polo valor da produción audiovisual publicando no Diario Oficial de Galicia unha corrección da convocatoria presentada en xaneiro para axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos que aumenta considerablemente a partida dedicada a esta fin. A resolución actual da Axencia Galega das Industrias Culturais aumenta ata os 3.000.000 de euros o orzamento desde os 2.500.000 que tiña inicialmente e que viña mantendo sen variación durante os catro anos anteriores. . 
Amplía a nova>>
                          
		  26/06/2024		  
                A Xunta convoca as axudas ás rodaxes en Galicia 
A Xunta ven de presentar unha nova quenda, a terceira, das axudas para as rodaxes audiovisuais en Galicia, unha ferramenta de captación de producións que supoñen un beneficio para o país en base ao gasto estimado e a mobilización de servizos locais e profesionais do país. Repítese o orzamento de dous millóns a repartir en dúas metades con carácter plurianual, para os anos 2024 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Feder Galicia 2021-2027. O pasado venres a Axencia Galega de Industrias Culturais convocou ao sector a unha xuntanza para darlles a coñecer esta nova convocatoria que hoxe sae publicada no Diario Oficial de Galicia. A finalidade desta convocatoria é estimular e impulsar a execución de rodaxes audiovisuais en Galicia para, por unha banda, fomentar a cadea de valor da industria do sector audiovisual galego, co obxectivo de mellorar a súa competitividade, o crecemento sustentable e o mantemento do emprego de calidade das empresas e, por outra, situar a Galicia como escenario de rodaxes audiovisuais de nivel internacional.. 
Amplía a nova>>
                          
		  20/06/2024		  
                As axudas a salas de cinema reparten 132.160 euros entre 7 espazos 
A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 20 de xuño a resolución das axudas para "Proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para salas de exhibición cinematográfica". En total sete espazos deste tipo, xestionados por seis empresas, reparten os 132.160 euros da concesión.. 
Amplía a nova>>
                          
		  04/06/2024		  
                Oito comunidades galegas no exterior acollerán o ciclo Mestre Mateo 
A terceira edición do Ciclo Mestre Mateo levará a oito comunidades galegas no exterior os filmes finalistas dos premios deste nome. Centros en Rio de Janeiro e São Paulo (Brasil) La Plata e Avellaneda (Arxentina), Montevideo (Uruguai), Ingolstadt (Alemaña), Donostia (País Vasco) e Pamplona (Navarra) acollerán as proxeccións desta iniciativa que promove a Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración.. 
Amplía a nova>>
                          
		  29/05/2024		  
                O galego ten futuro nos podcasts  
A vitalidade das linguas minoritarias no terreo dixital supón un feito fundamental para a preservación dos legados culturais e un xeito de garantir que tanto a cultura como a comunidade representadas por dita lingua sexan preservadas e continúen "florecendo". Con esa premisa o Anuario de cultura dixital 2024 elaborado pola entidade pública Acción Cultural Española (AC/E) inclúe un informe neste sentido, estudando o xeito en que as linguas minoritarias están representadas en diversas manifestacións do espazo dixital, fundamentalmente nas expresións culturais incluíndo os máis recentes hábitos de consumo. O documento tira conclusións e presenta datos moi enfocados na comparativa entre as seis linguas cooficiais existentes en España. . 
Amplía a nova>>
                          
		  27/05/2024		  
                Pablo Dopazo triunfa en Cans con 'O frío' 
A curta 'O frío' do director Pablo Dopazo foi elixida polo xurado do Festival de Cans como gañadora na sección de Ficción e Dopazo ademais obtivo o premio ao Mellor Director. Unha vez coñecido o palmarés desta edición, ao final do festival resultou o filme de Dopazo como o máis premiado xa que tamén levou o galardón ao Mellor Actor polo papel interpretado por José María Sanjurjo. A curta 'O frío' foi premiada polo xurado polo súa capacidade para "facer sentir a distancia, o desafecto e o frío".  O filme. Inspirado nunha historia real, ten como protagonista a un home que traballa nun mercado de abastos dunha cidade galega e un día recibe unha chamada que perturba a súa vida normal e fai que o pasado volva. O Premio do Xurado dos Veciños e Veciñas á Mellor Curtametraxe de Ficción/Animación foi para 'Aquarium' da realizadora italiana afincada en Galicia Marguerita Morello.. 
Amplía a nova>>
                          
		  24/05/2024		  
                Máis de 130 proxeccións de audiovisual de vangarda internacional no (S8) 
A 15ª edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico, que terá lugar do 31 de maio ao 9 de xuño en diferentes localizacións da cidade da Coruña contará con máis de 130 proxeccións do audiovisual de vangarda. Estreas, obras inéditas, referentes internacionais convidados, retrospectivas únicas en Europa e unha aposta clara polas novas xeracións de artistas fan da (S8) unha cita referente arredor do cinema experimental. O discurso fílmico das creadoras de vangarda imponse nunha programación que atravesa a obra de referentes como Narcisa Hirsch, falecida hai poucas semanas e a quen se lle dedica este ano o festival, cunha primeira gran retrospectiva da súa obra. . 
Amplía a nova>>