Novas | 171 a 180 de 4165

<< Anterior Siguiente >>

18/12/2023
Héctor Carré faise co Premio Daniel Domínguez de Guión

O traballo Sinais valeulle a Héctor Carré facerse cos 2.000 euros con que está dotado o V Premio Daniel Domínguez de guión en galego, que organiza a Asociación Sindical Galega de Guionistas. O galardón, que recoñece textos para longametraxes de ficción, tivo como finalistas a Uxía Diéguez Santiago co seu traballo Furtivo e a Gumersindo Novoa Rodríguez con As cores da alma.. Amplía a nova>>

15/12/2023
Deputación da Coruña e Clúster Audiovisual renovan o convenio para apoiar o programa de incubación de proxectos

A Deputación Provincial da Coruña e Clúster do Audiovisual Galego veñen de asinar un convenio de colaboración para renovar o cofinanciamento do proxecto I+P Incuba. Trátase dun programa de incubación e plataforma de pitching onde participan profesionais e empresas que superen previamente un proceso de selección, e que ten como obxectivo a incubación e mellora significativa de seis proxectos audiovisuais na fase de desenvolvemento a través de titorías, webinarios e consultoría.. Amplía a nova>>

14/12/2023
María Vázquez nomeada a mellor actriz nos Premios Feroz

Os Premios Feroz da Asociación de informadores Cinematográficos de España veñen de facer pública a lista completa de nomeamentos aos seu galardóns. De entre os cinco recoñecementos aos que aspira o audiovisual galego destacan o de María Vázquez como candidata a Mellor Actriz protagonista polo seu traballo na película Matria, de Álvaro Gago; e as candidaturas dentro dos Premios Feroz Arrebato de 'O Corno' de jaione Camborda en Ficción e de Samsara, de Lois patiño en Non Ficción. . Amplía a nova>>

12/12/2023
Estrea absoluta da ópera infantil OCA no Teatro Colón

A Orquestra e coro GAOS estrea mañá mércores 13 de decembro no Teatro Colón da Coruña a ópera infantil OCA, de Gloria Rico e Juan Durán. Tomando o popular xogo da oca como inspiración esta peza interpretada por nenos do Coro MiniGaos conta con texto de Rico e coa composición musical do mestre Durán. Fernando Briones leva a dirección musical. Cunha duración de aproximadamente unha hora, esta obra preséntase como unha viaxe iniciática a través de diferentes episodios da vida, desde o comezo do xogo ata a chegada ao xardín, no que o obxectivo é sempre avanzar. Esta estrutura correspóndese musicalmente cun prólogo, sete cadros e un epílogo, entre os cales media a narración dunha actriz.. Amplía a nova>>

12/12/2023
Axudas do Estado a tres longametraxes e cinco curtametraxes galegas

O Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do Ministerio de Cultura ven de resolver a concesión de axudas á producción audiovisual en diferentes liñas de apoio, con incidencia no sector galego en todas elas. Cinco producións de curtametraxes e tres de longametraxes acceden deste xeito ás axudas estatais acadando en total 3.538.186,88 de euros en fondos estatais.. Amplía a nova>>

11/12/2023
Pontevedra acolle a VIII xeira de Novos Cinemas entre o 12 e o 17 de decembro

Con trece filmes a competición, a incluír seis estreas estatais, cinco galegas e unha absoluta, a oitava edición do festival Novos Cinemas abre as súas portas en Pontevedra este 12 de decembro. A longametraxe de debut do vigués Carlos Martínez-Peñalver, Á procura da estrela, será a encargada de abrir o pano desta xeira. A proxección, que comezará ás 20.30 horas, estará acompañada dun coloquio co director e parte do equipo da película.. Amplía a nova>>

07/12/2023
Vinte e un proxectos audiovisuais acadan axudas á preprodución

A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia acaba de facer pública a resolución de concesión das axudas ao sector audiovisual galego para o desenvolvemento de novos proxectos de cinema e televisión que se atopan na súa fase de preprodución. Tras unha ampliación o orzamento efectuada esta mesma semana, o goberno galego en colaboración co Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) que aportou os fondos finalistas do Estado, pasou de dedicar 300.000 euros a esta liña de apoios a chegar ata o 500.000. Esta ampliación permitiu que as axudas cheguen a 21 proxectos de 20 empresas adxudicatarias, que destinarán estas subvencións a financiar diferentes traballos previos encamiñados a preparar a futura produción e rodaxe destes títulos. A pesares do aumento do orzamento quedaron fora por esgotamento de crédito ata 34 proxectos audiovisuais, que pasan á lista de garda segundo a orde de puntuación asignada no proceso competitivo.. Amplía a nova>>

07/12/2023
'O home e o can' acada o premio do CityBlue Film Festival de Vigo

A sétima edición do CityBlue Films Festival de Vigo ven de facer público o palmarés completo unha vez finalizada o pasado día 2. 'O home o can' (2023) de Ángel de la Cruz e protagonizado por Manuel Manquiña acadou o Premio do xurado á mellor longametraxe da sección oficial internacional do festival, deste xeito o realizador sae dobremente galardoado do festival tras recibir tamén o Premio Honorífico, dado a coñece4r ao inicio da cita. O premio inclúe a distribución internacional por 1 ano a cargo de CityBlue Films, a empresa viguesa distribuidora audiovisual organizadora do encontro. No relativo aos premios ás producións galegas, o documental "Tralos pasos de María Casares", asinado por Isabel Blanco e Sabela Hermida levou o galardón a Mellor Longametraxe Galicia; o premio á mellor curtametraxe galega foi para . "Morte e meu Avó", un traballo tamén documental dirixido por Gon Caride.. Amplía a nova>>

04/12/2023
Culturgal remonta a cifra de visitantes

A Feira das Culturas Galegas Culturgal fechou onte a súa décima sexta edición e hoxe presentou as súas cifras de asistencia e primeiras conclusións. Segundo a organización este ao foron máis de 10.000 as persoas que visitaron o recinto de Culturgal durante os tres días de duración do evento. Con estes datos a feira amosa unha recuperación respecto ao ano pasado, que foron de sete mil asistentes, pero aínda non volve aos números pre-pandémicos nos que a cita atraía arredor de 14.000 visitantes cada ano de xeito estable. . Amplía a nova>>

30/11/2023
Matria e O Corno presentes na carreira final aos Goya

O actor lucense Luis Tosar, xunto coa actriz Anna Castillo, foron os encargados de dar a coñecer hoxe aos nomeados desta 38ª edición dos Premios Goya do cine español, entre eles o audiovisual galego foi quen de poñer este ano algúns nomes que agora optan levar os galardóns en varias categorías. Destacan os dous nomeamentosdo filme 'Matria', un para o realizador Álvaro Gago na categoría de Mellor Dirección Novel e outro para María Vázquez, que grazas á súa interpretación entre na lista de nomeadas a Mellor Actriz do cine español este ano. Tamén no traballo de interpretación esta lista deixa un recoñecemento ao inclúir na lista de nomeadas a Mellor Actriz Revelación a Janet Novás, debutante no filme 'O Corno' como protagonista. A presenza galega entre os nomeamentos inclúe tamén ao músico Xoel López pola canción orixinal 'Eco' para a película 'Amigos hasta la muerte', do grovense Javier Veiga. Finalmente no apartado de Mellor Película de Animación, aparece entre os nomeados o filme 'El sueño de la sultana', unha produción na que participa a empresa galega Abano Producións, que tamén es´ta detrás da curtametraxe de animación 'To bir or not to bird', nomeada na súa categoría. Os galardóns entregaranse o vindeiro 10 de febreiro de 2024 en Valladolid.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org