Novas | 171 a 180 de 4079

<< Anterior Siguiente >>

08/09/2023
O FIC de Verín comeza hoxe unha edición que triplica as actividades das anteriores

Ata 32 curtas, de máis dunha ducia de nacionalidades diferentes, participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín que comeza hoxe. Durante nove días o programa ofrecerá, ademais das proxeccións das obras que se presentan a concurso dentro das diferentes categorías do certame, un amplo programa de 21 actividades paralelas triplicando o das anteriores edicións. Un dos pratos fortes terá lugar na xornada inaugural coa presenza do actor Pepe Viyuela, participando no coloquio posterior á proxección do documental "Un viaje hácia nosotros", dirixido por Luis Cintora e guionizado por el mesmo, no que se mergulla no pasado da súa familia e, en concreto, no do seu avó Gervasio, que loitou na Guerra Civil. Ao día seguinte, o sábado 9 de setembro, o actor interpretara o seu espectáculo Encerrona.. Amplía a nova>>

07/09/2023
Luísa Merelas recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU

O Festival Internacional de Cine de Bueu, FICBUEU, regresa este venres cun programa que se desenvolverá na vila pontevedresa ata o sábado 23. A décima sexta edición deste festival de curtametraxes proxectará ata 89 películas chegadas dunha trintena de países dos cinco continentes, 28 de elas na Sección Oficial,. Entre elas algunhas premiadas nos festivais de Venecia, Cannes, San Sebastián, Berlín, Clermont-Ferrand ou Sundance. Galicia estará representada na sección oficial opor catro curtametraxes mentres outros seis na sección exclusiva de produción galega "GZ_00". A actriz galega Luisa Merelas (A Coruña, 1958), recibirá o Premio Cinema Galego do festival pola súa traxectoria. . Amplía a nova>>

06/09/2023
A Coordinadora de Festivais de Cinema ve agravio entre as axudas directas e as subvencións competitivas

Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, que agrupa a 19 certames das catro provincias, ven de facer público un comunicado no que denuncia o que considera "déficit histórico da Xunta de Galicia no reparto de fondos públicos para o sector". A asociación entra deste xeito a achegar a súa perspectiva e defender os seus intereses nun debate que acadou interese político a través dunha iniciativa presentada a pasada semana polo grupo socialista no Parlamento Galego na que sinalan ás axudas directas en forma de convenio do Goberno galego a determinados certames como o Ourense Film Festival máis aló das axudas concedidas por concorrencia competitiva. Desde Proxecta reclaman que se poña fin ao que consideran "unha anomalía que atenta contra o principio de igualdade".. Amplía a nova>>

05/09/2023
O festival RiR de Allariz premia a Manuel Manquiña

A falta de rematar esta VIª Edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiЯ de Allariz que se está a celebrar desde onte e ata o vindeiro día 9, xa se coñece o destinatario do seu premio honorífico deste ano. O actor Manuel Manquiña (Vigo, 1953) recibe este ano o Premio RiR Contigo do evento pola súa traxectoria no mundo da comedia. Tamén se homenaxeara a outro nome propio do xénero no audiovisual español, o realizador e guionista Manuel Summers, a coincidir co seu trinta cabodano. Estes días poderán verse en Allariz ata 41 curtametraxes de xénero cómico durante o festival, seleccionados de entre os 268 chegados de moi distintos lugares do mundo, estando finalmente representados oito países, incluíndo Galicia. Dentro do programa poderán verse mostras do audiovisual galego entre as que se estrea a curtametraxe ' Morte e meu avó' de Gon Caride. Xunto a outros como 'O monstro e a nena' de Jorge J. Costas; 'Sandwich cat' de David Fidalgo Omil; 'A comuñón da miña prima Andrea' de Brandán Cerviño e 'Señora, por favor' de Alma Alonso e María Aragón.. Amplía a nova>>

31/08/2023
O Chanfaina Lab volve poñer San Sadurniño diante das cámaras

Durante esta vindeira fin de semana o concello de San Sadurniño ( A Coruña) celebra a oitava edición do Chanfaina Lab, un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. Eses días os realizadores participantes usarán do territorio e as xentes de San Sandurniño para gravar unha película coa duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman grazas a esta actividade a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras. Este ano está prevista a participación de máis de trinta realizadores, reunindo ata medio cento de persoas nos equipos de rodaxe.. Amplía a nova>>

28/08/2023
'O Corno' abrirá o 20º Curtocircuito o 3 de outubro

"O corno", a segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, terá a súa estrea galega na xornada inaugural do 20 Curtocircuíto o 3 de outubro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tras o seu paso pola Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián e polo Festival Internacional de Cinema de Toronto onde será a primeira película española que compite na sección Platform. Segundo a organización do festival, a elección de 'O corno' para a inauguración "subliña o interese de Curtocircuíto por xerar un espazo de visibilidade para o cinema realizado en Galicia", aposta que tamén indican que se reflexa nas seccións para ao cinema galego: Planeta Gz, Supernova, a sección Terra, adicada a Arancha Brandón, #OutraCompostela, ademais da homenaxe á Roberto Vidal Bolaño que renderáse na sección paralela Curtocircuíto x Cineclube de Compostela.. Amplía a nova>>

24/08/2023
Lois Patiño competirá na Seminci con Samsara

A organización da Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci), daba a coñecer este 23 de agosto un avance dos filmes que proxectará na súa vindeira edición, que se celebra entre o 21 e o 28 de outubro vindeiros. Entre os nove primeiros títulos que competirán pola prestixiosa Espiga de Ouro está a longametraxe Samsara, do galego Lois Patiño.. Amplía a nova>>

22/08/2023
O I John Balan Fest achega 48 filmes a Marín

John Balan Fest - Filmes Atlánticos e Novos Medios é o título do novo encontro audiovisual que bota a andar no concello de Marín entre o 24 e o 26 de agosto. A cita, que nace coa intención de promover o cinema independente galego e de homenaxear o popular persoeiro que lle dá nome, conta cun total de 48 filmes a concurso nas tres seccións coas que conta esta cita.. Amplía a nova>>

21/08/2023
Vinte e un proxectos reparten as axudas da Xunta a producións audiovisuais

A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este venres 18 de agosto a resolución da convocatoria anual de subvencións para a produción e coprodución audiovisual. Esta liña de axudsa, dotada 2,5 millóns de euros, é a que achega unha maior contía a este sector por parte da Xunta, e facilitará o desenvolvemento de 21 novas longas cinematográficas, curtametraxes e series.. Amplía a nova>>

11/08/2023
Presentan a serie 'Rockefeller en Mondariz'

Hoxe venres ás 20:00 horas terá lugar no salón de actos do Concello de Mondariz Balneario (Pontevedra) a presentación en primicia da serie de televisión "Rockefeller en Mondariz". Este traballo audiovisual indaga na visita que o famoso millonario americano John Davison Rockefeller III fixo a Galicia no verán de 1929, cando visitou a catedral de Santiago, asistiu a unha corrida de touros en Pontevedra e tivo un encontro no Gran Hotel de Mondariz co entón xefe do Estado, o ditador Miguel Primo de Rivera. A produción forma parte do programa organizado pola Fundación Mondariz Templo del Agua e o Concello de Mondariz-Balneario para conmemorar o 150 aniversario da Declaración de Utilidade Pública das Augas de Mondariz (1873-2023) esta realizada en coproducción coa TVG. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org