09/03/2015
Cambre anímase co seu novo festival de cinema
Amosar, en formato cinema, obras mestras da animación de todos os tempos e promover a produción galega neste eido. Estes son os eixes básicos cos que nace Cambretoon, o festival de animación que se celebra por vez primeira entre os vindeiros 19 e 21 de marzo. Co lema
Do pincel ao pixel, a cita presta unha especial atención a difundir proxectos pioneiros da animación e facelo en formato película de cinema. Así, nesta primeira xeira poderán verse clásicos como
Gertie, the Dinosaur, de Windsor McKay,
Fantasmagorie de Émile Cohl ou algunhas das primeiras animacións de Walt Disney, como
Alice in the Jungle ou
Hell´s Bells..
Amplía a nova>>
02/03/2015
Abren as convocatorias para festivais e desenvolvemento audiovisual
Poucos días depois de anunciar os orzamentos das súas liñas de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais comezou a realizas as correspondentes convocatorias. O Diario Oficial de Galicia do pasado venres recollía a liña de axudas a festivais, dotada con 210.000 euros para eventos dedicados á música e 160.000 para os de artes escénicas. O prazo de presentación para os interesados remata o vindeiro 27 de marzo..
Amplía a nova>>
27/02/2015
A CRTVG pon en liña as súas series
Desde Mareas Vivas a
Serramoura, a pasar por
Matalobos,
Padre Casares ou Pratos
Combinados. A Compañía de Radio Televisión de Galicia acaba de presentar Enserie.gal, un espazo web no que recolle unha selección das 17 series con máis repercusión das producidas e emitidas por esta canle. Aínda que o proxecto estreará en marzo a súa visión definitiva, xa se poden consultar os capítulos, participar nas votacións para escoller as mellores producións ou acceder a contidos especiais como making of, curiosidades, reportaxes ou novas. O web inclúe tamén un blog que achegará a actualidade sobre as series do país..
Amplía a nova>>
24/02/2015
Unha curta galega sobre discapacidade obtén premios en España e Canadá
O vilagarcián Fran Estévez dirixiu
Idiotas, unha curtametraxe protagonizada por un mozo con discapacidade que está a conseguir importantes recoñecementos fóra do noso país. Así, no pasado mes de novembro se facía co premio ao mellor filme e ao mellor actor no festival madrileño FECIDISCOVI da Funcación Anade, centrado en obras dedicadas á discapacidade. Agora, o Picture This Film Festival de Canadá acaba de recoñecer o traballo cos galardóns
Drama over 10 minutes e
Best of festival. Ademais, o filme foi seleccionado para participar no Ariano Film Festival en Italia..
Amplía a nova>>
23/02/2015
A AGADIC anuncia tres liñas de investimento en industrias culturais
O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais deu a coñecer o pasado venres a contía de tres das liñas de investimento que mantén en industrias culturais. En concreto trátanse das axudas destinadas á produción escénica, aos festivais de artes escénicas e de música e mais ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais. .
Amplía a nova>>
18/02/2015
Alex Sampaio volta premiado do Festival de Cine Independente de Berlín
Schimbare, o filme dirixido por Álex Sampayo acadou esta fin de semana o galardón á Mellor película internacional no Festival de Cine Independente de Berlín. O traballo de Sampayo exhibirase proximamente noutros eventos internacionais como o Jozi Film festival de Johannesburgo (19 a 22 febreiro), o Sedona International Film Festival de Arizona (21 feb a 2 marzo), o Byron Bay Independent Film Festival de Australia (6 a 15 de marzo), o Atlanta Film Festival (20 a 29 de marzo), e mais o Chicago Latino Film Festival (9 a 23 de abril). .
Amplía a nova>>
11/02/2015
Quiosco: Revista Actúa número 41
A Revista Aisge Actúa vén de presentar o seu número 41, correspondente a outubro/decembro de 2014. A revista é editada pola Sociedade de xestión de Artistas e Intérpretes e dedica un amplo monográfico neste número a Galicia, con entrevistas a Miguel de Lira, Lucía Regueiro e Tamar Novas. A revista pode descargarse de balde na ligazón asociada a esta noticia. .
Amplía a nova>>
09/02/2015
Xacio Baño volta de Clermont-Ferrand con dous recoñecementos
O festival de curtametraxes de Clermont-Ferrand, que remataba esta fin de semana na localidade francesa, recoñeceu o traballo do galego Xacio Baño. A súa curtametraxe
Ser e Voltar, na que o director realiza un retrato dos seus propios avós, obtivo unha mención especial do xurado e mais o premio Canal+ na sección Labo, dedicada a proxectos experimentais. Esta primeira incursión de Baño no xénero documental foi xa recoñecida con galardóns no Festival de Cans e en Curtocircuíto..
Amplía a nova>>
09/02/2015
Xeración Goya
Máis diversificados territorialmente, os últimos premios Goya confirmaron o bo papel de Galicia no mundo actoral e auguran un certo cambio de ciclo no cinema, máis próximo ás salas e con focos máis repartidos por todo o Estado. Nerea Barros e Javier Gutiérrez confirman a boa presenza dos actores galegos. .
Amplía a nova>>
04/02/2015
A TVG apoiará cinco filmes e catro documentais en 2015
Toro, con Luís Tosar e Mario Casas,
As mimosas de Óliver Laxe,
María e os demais, a ópera prima de Nely Reguera, a coprodución
Maimiño e mais o filme de animación
A tropa de trapo 2 recibirán apoio económico da Televisión de Galicia. A Comisión Directiva de Programación da canle pública anunciaba hai dous días a súa participación nun total de nove producións, nas que ademais destas longametraxes inclúense catro documentais. En concreto trátase dos proxectos
A Seara de Pepe Coira,
O ferry de Portomouros,
En todas as mans centrado na realidade do monte veciñal e
A batalla descoñecida, dedicada a extracción do wolframio durante a Segunda Guerra Mundial..
Amplía a nova>>