-
Cita en audio | Audio. O agasallo de Silvia. Bárbara Goenaga como Silvia. .
| Descarga aquí o arquivo -
Cita en audio | Audio. O agasallo de Silvia. Katyna Huberman como Macarena .
| Descarga aquí o arquivo -
Cita en audio | Audio. O agasallo de Silvia. Luís Tosar como Carlos. .
| Descarga aquí o arquivo -
Cita en audio | Jorge Coira fala de Chunda Chunda . A cuestión do respecto ás persoas é un dos piares fundamentais do documental. E sobre isto pivota prácticamente todo. Hai moitas formas de achegarse. Hai moita xente á que lle parece que fun moi pouco pudoroso nos documentais e se cadra o fun. E aí está a cuestión dos límites no documental. Todo depende de se o que queres é facer algo que vaia máis alá do didactismo e que chegue ó corazón das persoas ou non. A min interésame moito máis pero... é máis perigoso ó mesmo tempo. Eu gravei un parto e púxeno en pantalla. E é unha das cousas máis íntimas que poden ocorrer na vida. E tiven moitos dilemas e moitos problemas morais sobre se poñer ese parto ou non. A cuestión era que estaba contando como era a vida dunha xente durante un verán e gravamos todo o que ocorre, porque das cousas máis concretas saen ideas máis xerais. E, de repente, un dos músicos dunha das orquestras vai a ter un neno. Se estás contando a súa vida esto é unha cousa fundamental, non é como tomarse un café. Non contalo parecíame ser deshonesto co que tiñamos pensando facer. Pero, por outro lado tratábase dun feito dunha intimidade brutal. Estaba esta o dilema de querer contalo todo (polo que te esqueces de pudores) e, por outro lado se te esqueces de pudores... podes correr o risco de facer dano. Eu, neste caso cheguei un acordo con este home en que eu non tiña interese algún en facer nada que fose minimamente morboso que a cuestión era iso, contar o nacemento. Foi do máis arriscado que fixen , pero tamén do máis satisfactorio que fixen en toda a miña vida. A min, por exemplo, foi unha das cousas máis bonitas que me pasaron na miña vida. E isto é o que ten de bo un documental, que é a corda flouxa. Se fas un documental didáctico ou non entras para nada nestes temas, te quedas tranquilísimo pero non estás facendo nada que emocione, é algo máis desapasionado.
| Descarga aquí o arquivo