A escritora e académica da RAG Chus Pato (Ourense,1955) ven de ser recoñecida co Premio Nacional de PoesÃa do 2024, pola súa obra 'Sonora' (Eds. Xerais). Por segundo ano consecutivo o galardón vai para unha poeta en lingua galega, xa que o pasado ano foi Yolanda Castaño que o recibiu. Xustamente, pola súa condición de premiada anterior, Castaño foi parte do xurado deste ano, presidido por MarÃa José Gálvez Salvador, directora xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura; Almudena Hernández de la Torre Chicote, subdirectora adxunta da Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas; Carme Riera, pola Real Academia Española; Luciano RodrÃguez Gómez, pola Real Academia Galega; Patxi Juaristi, pola Euskaltzaindia; Alexandre Bataller, polo Institut dÂ’Estudis Catalans; Vicenta Tasa, pola Acadèmia Valenciana de la Llengua; Yolanda Morató, por la Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE); Jordi Doce, pola Asociación Colegial de Escritores de España (ACE); Noni Benegas, pola Asociación Española de CrÃticos Literarios; Carmen Sigüenza, pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE); Carmen MejÃa, polo Instituto de Investigaciones Feministas da Universidad Complutense de Madrid e Laura Casielles, polo Ministerio de Cultura. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 30.000 euros.
Segundo un comunicado do Ministerio o xurado destacou 'Sonora' por "ser unha obra experimental, unha expansiva e concentrada conversa entre o poema e a morte, aquela que, tras da orfandade da nai, arrastra aos lectores cara os abismos da propia liñaxe. Auténtico fulcro da poesÃa galega, Chus Pato explora novas formas de desconstruÃr e reconstruÃr os marcos do pensamento poético tradicional". Ademais, o xurado sinalou que o poemario "crea espazos textuais repletos de fugas: retóricas, semánticas, capaces de hibridar distintos códigos nos que se desprega toda a súa inextinguible potencia sonora". Segundo a opinión do xurado, en 'Sonora', "memoria persoal, social e polÃtica murmuran as múltiples voces dunha das máis audaces poetas contemporáneas. Na súa obra, Chus Pato amósanos o enfoque da poesÃa como elemento transformador da linguaxe", conclúe o xurado.