Co tÃtulo M.A.N. (Mar Arte Naufraxio) a compañÃa teatral Aantena presenta un programa interdisciplinar que desenvolverá diferentes actividades na Costa da Morte a partir do vindeiro 3 de xullo. Desenvolvido co apoio da convocatoria Territorio Cultura da Axencia Galega das Industrias Culturais, o programa chegará ao longo de xullo e de agosto a Cabana, Carnota, DumbrÃa, Laxe, MuxÃa, e Zas, concellos que tamén colaboran nesta iniciativa.
Unha exposición fotográfica sobre os 20 anos do Prestige no Museo do Mar de Laxe abre este 3 de xullo o programa M.A.N.. Canda a esta proposta, o proxecto integra seis obradoiros de land art a cargo de Rebeca Ponte e outros cinco que, co tÃtulo Pegadas de Man, abordarán a recollida de lixo mariño e a creación de obxectos coas crebas da man de Mar de Fábula. Seis concertos de cantos de taberna e outras tantas proxeccións de documentais sobre natureza e antropoloxÃa da comarca en espazos patrimoniais destacados e a creación dunha "Ruta dos naufraxios" fan tamén parte da proposta.
Ademais, desenvolveranse seis funcións de teatro da obra Naufraxios en enclaves destacados da comarca e con contidos adaptados a cada dun dos mesmos. Esta obra, escrita por Bernardino Martinez, recolle as" traxedias propias de cada lugar para seren representadas, construÃndo unha proposta única e propia para cada lugar. Unha sucesión de escenas onde os vivos, mortos, ausentes explican o que aconteceu nos tráxicos momentos, nunha atmósfera onÃrica apoiada por luz tenue, acordeón en directo, a salitre no ar e a música das ondas como fondo do espectáculo". Alicia Baña, Tamara Mouzo, Berni MartÃnez e Antonio Miranda xunto ao acordeonista Klaus Martinez compoñen o elenco do proxecto escénico.
Segundo explica Aantena, este proxecto "busca fusionar as artes tanto naturais, como as tradicionais coa moral de recuperar a nosa historia asà como inferir o amor polo noso patrimonio e pola nosa historia e identidade".