Unha combinación de territorio, artistas e economía social, así se presenta unha terceira edición da campaña "Compostela Somos Cultura", coa que o Concello da capital galega pretende promocionar e impulsar o valor do tecido creativo da cidade e o consumo cultural. A estes obxectivos, que xurdiron no 2020 como un xeito de apoio a un sector, o cultural, especialmente danado polas restricións pandémicas, únese este ano como novidade o de dar visibilidades ás empresas de economía social de Santiago. A campaña terá como vehículos sete pezas audiovisuais que recollen outros tantos micro-eventos, igual que nas dúas edicións anteriores, e que se irán distribuíndo a través das redes sociais desde este mesmo xoves. A inclusión de empresas de economía social ven motivada polo feito de ser designada Santiago de Compostela como Capital española de Economía Social o pasado ano. As ditas empresas actuarán como anfitrioas das interpretacións artísticas, que se gravaron nas súas sedes. As pezas audiovisuais irán tamén complementadas con entrevistas aos seus responsables para saber máis do labor que fan. A campaña inclúe varios sorteos premiados con contías para gastar en produtos culturais da cidade.
Esta iniciativa está organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello e a Concellería de Acción Cultural e conta coa coordinación artística de Xacobe Martínez Antelo, e Mada Producións no apartado de loxística, produción e comunicación. En canto aos artistas implicados nesta edición, "de novo cóntase con persoas de campos moi diversos dentro das industrias culturais", facendo así "máis atractiva a campaña para un maior número de persoas", xa que atraerá a seguidores e afeccionados de diferentes artes, explicou o coordinador artístico do Ciclo, Xacobe Martínez. Así, as propostas van dende a música (Manuel Gutierrez, Tres Pesos) ata a danza (Mauro RB, Paula Quintas), o teatro e a oralidade (Carlos Santiago, Vero Rilo) ou unha nova arte que ata agora non estivo presente nas anteriores campañas como é a fotografía (Iván Barreiro). No relativo á representación da economía social está correrá a cargo da empresa de tratamento ambiental de vehículos Trameve; Rayados: Tenda de Lorenzo Design, especializados no deseño e construción de artesanía en madeira para hostalería; a empresa dedicada ao deseño gráfico, web e editorial Sacauntos; a Fundación Laboral da Construción como entidade facilitadora de recursos e formación para empresas e traballadores do sector da construción; Almazen de ioga, como centro de ioga situado no Ensanche santiagués; Entrelampo, como empresa do sector agroalimentario que colleita e vende produtos de horta ecolóxicos creando emprego para persoas con problemas de saúde mental graves e, por último, Feitoría Verde, empresa centrada na educación ambiental e na loita contra as desigualdades socias ou de xénero. Toda a información da campaña pode consultarse nas redes de CompostelaSomosCultura en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube. Nesta cnale de vídeos acumúlanse a día de hoxe os das edicións pasadas, que cos que se irán engadindo conforman un excepcional repositorio de material artístico de gran calidade, segundo afirmou Martínez Antelo.