Santa, de Asorey, xa é propiedade da Xunta

A administración autonómica formaliza a adquisición do patrimonio da Casa de Galicia en Montevideo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Santa de Asorey na Cidade da Cultura. Foto: Manuel G. Vicente

Santa de Asorey na Cidade da Cultura. Foto: Manuel G. Vicente

A Xunta xa pechou a adquisición do patrimonio galego da Casa de Galicia de Montevideo, posto á venda polo estado uruguai tralo embargo dos bens da institución. No lote figuran diferentes obxectos de arte que contaron cunha diferente valoración económica, pero o prezo final pode sorprender a calquera: 18.190 dólares. A peza máis significativa do lote foi Santa de Francisco Asorey, que foi tasada en 6.000 dólares. A obra, unha das máis queridas de Francisco Asorey, pertenceu ao seu autor ata que foi vendida á Casa de Galicia en 1951. A peza retornara por primeira vez a Galicia en 2019 para a exposición "Galicia, un relato no mundo" e espertara un grande interese para o público. Xunto con Santa, o lote inclúe tamén pinturas de Roberto González del Blanco, Colmeiro ou diferente documentación. O goberno galego considera por agora que as obras deben ficar en Uruguai, no contexto da comunidade galega. A documentación será traída a Galicia para a súa dixitalización.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

A longa espera polos MEU

A longa espera polos MEU

A banda coruñesa publica un novo disco tras catorce anos sen actividade

O CCG renova o seu plenario

O CCG renova o seu plenario

Cinco institucións culturais designaron os seus novos representantes no organismo

O IX Alguén que respira! achega 40 voces poéticas a Compostela

O IX Alguén que respira! achega 40 voces poéticas a Compostela

O festival de poesía para corpo principal celébrase entre o 18 e o 21 de marzo

Hadrián Jamardo gaña o Premio de Novela Gráfica Ajuntament de Paterna

Hadrián Jamardo gaña o Premio de Novela Gráfica Ajuntament de Paterna

O autor de Caldas recibirá 4.000 euros e verá publicada a súa obra Ladrillito

A Xunta presenta a candidatura para que Santiago sexa en 2028 Cidade Europea da Ciencia

A Xunta presenta a candidatura para que Santiago sexa en 2028 Cidade Europea da Ciencia

O proxecto desenvolveríase de maneira compartida coa cidade polaca de Gydnia e as italianas Rávena e Módena

Treixadura presenta en directo o seu novo disco 'Portalén'

Treixadura presenta en directo o seu novo disco 'Portalén'

A agrupación tradicional dá un concerto excepcional en Vigo no que interpretará os 19 temas recen publicados

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asorey, Uruguai, Colmeiro, Goberno Galego

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares