A Santa de Asorey será exposta no Museo Zorrilla de Montevideo

A Xunta asinou un acordo co ministerio de Educación e Cultura uruguaio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A santa

A santa

Trala extinción da Casa de Galicia de Montevideo, a Xunta de Galicia adquiriu "boa parte dos bens culturais" que conservaba esta importante institución da emigración galega en Uruguai. A peza máis destacada foi A Santa de Asorey, e canda ela outros fondos documentais e bibliográficos. Eses fondos de documentos e libros atópanse xa no país, no Arquivo de Galicia, "en proceso de dixitalización". A Santa ficará en Uruguai, mercé a un acordo co ministro de Educación e Cultura de Uruguai, Pablo da Silveira, polo que a obra pasará a formar parte da colección permanente do Museo Zorrilla de Montevideo, que depende do Estado. Desde a súa marcha a Uruguai, a peza volvera a Galicia en 2019 como parte da exposición "Galicia, un relato no mundo", celebrada na Cidade da Cultura e promovida pola Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uruguai, Asorey, Educación, Xunta de Galicia...