Tres obras na diáspora para contar un artista

O Consello da Cultura Galega celebra o legado americano de Francisco Asorey no Día das Artes Galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Tres obras na diáspora para contar un artista

O escultor Francisco Asorey chegou a afirmar que na súa vida produciu máis de mil obras, e o seu legado atópase disperso en numerosas coleccións públicas e privadas. A súa sona a principios do século XX foi tan grande nas comunidades da diáspora que tres obras emblemáticas do autor, Naiciña, Santa e o altar do Panteón do Centro Galego atravesaron o Atlántico cara as comunidades da diáspora. Para conmemorar o Día das Artes Galegas, o Consello da Cultura Galega contou a historia destas tres pezas, depositadas hoxe en Rosario e Bos Aires (Arxentina) e e Montevideo (Uruguai) para coñecer tres aspectos da obra do artista e o seu contexto: os seus vínculos co galeguismo de principios do século XX, a súa conexión estética co románico e o interese das comunidades da diáspora por adquirir arte de artistas galegos de renome.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora, Asorey, Consello da Cultura Galega, Día das Artes Galegas...