A Xunta renova a web das comunidades da diáspora mentres organiza o VIII Consello de comunidades Galegas

Entre a diáspora e a galeguidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez ten hoxe unha axenda dobre. Hai unha hora presentaba a renovación do portal Galiciaaberta.com, que ofrece información ás comunidades da diáspora, mentres que esta tarde recibirá aos participantes que do VIII Consello de Comunidades Galegas que comeza mañá en Santiago. Nestas xornadas analizarase a reforma da Lei de Galeguidade, en vigor desde hai 23 anos. Entre as modificacións propostas, a nova lei non se limitaría a recoñecer como galegos a aqueles cidadáns de orixe galega inscritos no CERA (Censo de Residentes Ausentes), senón tamén aos seus descendentes que poidan acreditar a orixe e que participen na vida social e cultural de Galicia.

Mais información no Galiciaaberta.com

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora

Claves

Conceptos