A reforma da Lei de Galeguidade contempla por primeira vez a obriga de catalogar o patrimonio galego das entidades da diáspora

Patrimonio obrigatorio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Aínda é un proxecto de reforma, pero a nova Lei de Galeguidade terá epígrafes específicos para a catalogación e o inventario do patrimonio dos colectivos galegos na exterior, así como a figura de “patrimonio da galeguidade”, que será concedida ás entidades da diáspora con máis de cen anos de antigüidade. Manuel Rodríguez, o Secretario da Emigración da Xunta de Galicia, sinalou no transcurso da presentación dun acordo sobre actividades conxuntas entre a Xunta e o Consello da Cultura que “por primeira vez os centros galegos estarán obrigados a preservar o patrimonio colaborando coa Xunta tanto na catalogación e inventario como na súa posta en valor”. O proxecto de Lei tamén contempla que as entidades e comunidades galegas deberán contemplar que o patrimonio con valor histórico “poida ser doado ao goberno galego en caso de disolución da entidade, se así o acordasen os seus socios e socias”.

Máis información no web da Xunta; a noticia en Xeración Web

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora, Manuel Rodríguez, Goberno Galego, Xunta de Galicia...