Os netos de emigrantes terán nacionalidade española e a Xunta negocia para se lle recoñezan os anos cotizados aos que viven na UE

Os emigrantes no outro estatuto

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O pasado mes de xaneiro presentouse no Parlamento o proxecto de lei do "Estatuto dos cidadáns españois no exterior" no que se recoñecía a nacionalidade para os fillos de emigrantes, pero non dicía nada dos netos. Esta semana, os grupos parlamentarios aprobaron unha disposición adicional que inclúe que os netos dos emigrantes terán a nacionalidade. Agora, o texto do Estatuto deberá ser ratificado polo Senado para a súa aprobación definitiva, que implica tamén a reforma do Código Civil para introducir os cambios. Por outra banda, o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez anunciou esta fin de semana en Alemaña que, a Xunta está a negociar que se lle recoñeza en España o tempo de traballo cotizado nos países da UE aos preto de 50.000 galegos que traballan en Europa.

Máis información sobre o proxecto no web do Congreso dos Deputados e no web Galiciaaberta.com

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Congreso dos Deputados, Europa, Alemania

Claves

Lugares