Política Linguística insiste en que o galego debe figurar como deber no novo estatuto

Lingua con estatuto

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O galego debe figurar no novo estatuto co mesmo estatus xurídico que o castelán, como dereito e como deber. Esta é a postura de numerosos colectivos relacionados coa lingua e tamén da secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, quen acaba de asegurar que é preciso que os galegos coñezan a súa lingua.Outro estatuto, o de Castela e León, que foi aprobado nas Cortes vallisoletanas e entra agora no Congreso, recoñece que a lingua galega “gozará de respecto e protección nos lugares nos que habitualmente a utilicen”. É dicir, manterá o rango do que xa gozaba no anterior texto estatutario. O novo documento recoñece por primeira vez que o leonés e será protexido.

Máis información sobre o debate na nosa hemeroteca e sobre o galego no Estatuto de Castela e León en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castela e León, Cortes, Política Lingüística, Lingua galega...