O ano que vén cúmprense 70 anos da aprobación do Estatuto do 36. Un texto que permitiu, entre outras cousas, que Galicia sexa considerada hoxe como “nacionalidade histórica”. Por iso, o secretario xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada, pediu a colaboración de todos os grupos polÃticos para que a efeméride se converta nunha gran festa cÃvica. A idea, proposta no Parlamento foi ben acollida por todos os partidos, aÃnda que o PP matizou a proposta, pedindo que se inclúa na homenaxe o actual Estatuto, que cumpre 25 anos. Falando de homenaxes, Silleda acolle unhas xornadas para recuperar as figuras do mestre Alonso RÃos e do escritor Ramón de Valenzuela, “O Naranxo”, dúas personalidades marcadas pola loita contra a represión franquista.
Máis información sobre a celebración do Estatuto do 36 e sobre as homenaxes en Silleda en El Correo Gallego; o noso tema sobre Alonso RÃos