A figura de Bóveda foi reparada de xeito simbólico no Congreso

Reparar a Bóveda

1/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Congreso dos Deputados deu o primeiro paso para a rehabilitación simbólica da figura do líder galeguista Alexandre Bóveda. A iniciativa do BNG foi ben acollida entre todos os grupos políticos agás o Partido Popular que se abstivo. A proposta quería recuperar a figura do ilustre galeguista, asasinado logo dun sumarísimo consello de guerra no que foi acusado de traizón por militares sublevados. A rehabilitación irá acompañada dunha serie de accións que anularán o xuízo ao que foi sometido. O galeguista foi redactor do Estatuto do 36 e un dos seus máximos defensores.

Máis información en La Voz de Galicia, Vieiros e La Opinión

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Alexandre Bóveda, Guerra, Congreso dos Deputados...