O BNG presenta no Congreso unha proposta para que o goberno rehabilite publicamente a figura de Alexandre Bóveda

Rehabilitar a Bóveda

3/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Que o Goberno anule oficialmente o Consello de Guerra sumarísimo ao que foi sometido Alexandre Bóveda e que decretou o seu fusilamento. Esta é a solicitude que o portavoz do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez facía onte cando se preparan os actos de lembranza dos setenta anos do comezo da Guerra Civil. Este proceso sería semellante ao que o Goberno xa anunciou que desenvolvería para rehabilitar a figura do presidente da Generalitat Lluís Companys. Canda a esta medida, o BNG reclama a rehabilitación da figura deste galeguista e que se repare de xeito económico e moral as vítimas do franquismo.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e en Vieiros

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Alexandre Bóveda, Guerra, Vieiros...