O Consello da Cultura e a Secretaría Xeral de Emigración asinan un convenio para a divulgación da memoria da nosa diáspora

Nace o Álbum da Emigración

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Desde hoxe podes consultar en culturagalega.org, no web do Arquivo da Emigración Galega e en galiciaaberta.com, o portal da Secretaría Xeral de Emigración o Álbum da Emigración. Na liña dos nosos anteriores Álbum de Mulleres e Álbum da Ciencia, o Álbum da Emigración recupera a vida e obra de significativos persoeiros da nosa diáspora en América. Facsímiles, fotografías, multimedia, bibliografía e biografías divulgativas que se entregarán cada quince días no verán desde hoxe e semanalmente en outono. O Álbum da Emigración é o resultado dun amplo convenio subscrito polo Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia para divulgar a memoria da nosa diáspora e que se presentou hoxe en Santiago. O acordo tamén contemplará a elaboración da exposición itinerante “Nós Mesmos”, destinada á exhibición nos países de acollida da emigración galega e a elaboración de dous Diccionarios que compilen a historia da nosa diáspora en Cuba e no Río de la Plata.

Visita o Álbum da Emigración

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora, Culturagalega, Ciencia, Mulleres...