Pecha a Casa de Galicia de Montevideo

Un grupo de socios procura preservar o patrimonio cultural da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Detalle de Santa, de Francisco Asorey

Detalle de Santa, de Francisco Asorey

Segundo adianta La Voz de Galicia, a Casa de Galicia de Montevideo deixou oficialmente de existir, dentro do proceso de disolución da entidade, que acumula unha deuda de ao redor dos 85 millóns de dólares. A Casa de Galicia de Montevideo contaba cun importante patrimonio cultural e artístico vinculado á promoción da cultura galega, a adquisición de arte no país, como a escultura Santa de Asorey, o mantemento dunha biblioteca de temas galegos ou o soporte ás iniciativas levadas a cabo polos exiliados tralo franquismo. Un grupo de socios está a explorar a posibilidade de constituír unha sociedade nova que permita facerse cargo deste patrimonio cultural. Segundo fontes deste grupo de socios, están a falar co Ministerio de Cultura para que o patrimonio cultural da entidade non figure nos inmediatos procesos de venda do patrimonio inmoble da Casa de Galicia, e se conserve algún dos inmobles da entidade para preservar esta colección.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asorey, Franquismo, Ministerio de Cultura, La Voz de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos