As ofertas culturais galegas volven aparecer na listaxe estatal de resumo do mellor de cada ano que elabora o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea tras da súa desaparición total respecto ao ano 2021. O Xacobeo como marca de accións culturais entrou na lista estatal, no posto 75 da mesma, vencellado iso si, a "varias comunidades" polas que pasan os Camiños de Santiago e nas que se celebraron accións, non só a Galicia exclusivamente. Ademais diso volve a estar presente o Centro galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago, unha entidade habitualmente presente neste listado pero que desapareceu tamén, como toda oferta cultural galega, da listaxe estatal. Volve figurar o CGAC pechando case a lista nun posto 97 compartido con outras ofertas. No "ranking" por Comunidades Autónomas, Galicia sube dous postos repecto ao 2021 situándose na sexta posición, entre Andalucía (5) e Navarra (7). O informe "Lo mejor de la Cultura en 2022" ampliou este ano a súa mostra de suxeitos enquisados ata os 1040 profesionais do sector cultural, moi por riba dos 358 que participaron na anterior mostra.
Polo feito de que este 2023 vai ser un ano electoral cos gobernos municipais en xogo, os responsables desta enquisa deron máxima importancia á valoración que o panel de expertos fan sobre a oferta cultural nas súas cidades, incluíndo unha valoración sobre as carencias que se atopan nelas. No relativo ao resultado de valorar a oferta cultural no 2022 por cidades, cabe sinalar que entre as galegas destaca a forte subida d'A Coruña, que escala seis postos respecto ao pasado ano, situándose nunha décima posición da táboa estatal que inclúe ata 43 localidades, compartida con Valladolid. Segue a capital galega, Santiago de Compostela, que baixa un lugar respecto ao pasado ano e obtén un 15º posto. Vigo mantén o seu lugar na lista respecto ao pasado ano, quedando no 26. A cidade de Pontevedra entra na listaxe aparecendo no posto 37 desta lista estatal. No tócante aos resultados das pregunta sobre as carencias no panorama cultural das cidades, as respostas desde o panel son extraídas sen estar referidas a localidades concretas e sinalan como puntos de carencia xeral do panorama xerais das cidades en España en primeiro lugar a falta de "infraestruturas e espazos para a cultura" (19,5%), seguida da falta de "oferta de actividades culturais" (16,1%) e de "Políticas culturais públicas" (13,2%), tamén se indica a escaseza nos "orzamentos da cultura" (11,15) entre os catro problemas máis graves nas cidades.
Insignias de Galicia
Como cada ano o informe da Fundación Contemporánea tamén pregunta aos profesionais participantes no seu panel sobre a oferta cultural das súas propias comunidades de traballo. Así elabórase unha listaxe de cada comunidade con aquelas 20 ofertas culturais e institucións que merecen ser destacadas a modo de "insignias culturais" representando o mellor da actividade cultural desa Comunidade Autónoma. No caso de Galicia este ano foi o Festival internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo o que encabeza a lista con ata un 50 por cento das votacións, subindo ata 9 postos respecto ao pasado 2021. O Festival Sinsal é o segundo, subindo catro postos e séguenlle a Cidade da Cultura de Galicia, CGAC, Festival de Cans e WOS Festival de Santiago, igualados este todos no terceiro lugar. Respecto ao 2021 entran este ano neste listado o Centro Dramático Galego, O Vello Cárcere de Lugo, a Orquestra Sinfónica de Galicia, o festival PortAmérica, o Xacobeo e pecha a lista a Fundación MOP coas súas exposicións de Peter Lindbergh e Steven Meisel. A capital galerga, neste listado de "insignias" segue a ser a localidade galega con máis achegas, ata 8.
A relevancia que teñen os proxectos culturais desenvoltos no medio rural está presente neste informe anual. Os panelistas que tomaron parte foron preguntados neste sentido e elaborouse unha listaxe que reúne aqueles considerados "mellores proxectos" sen presentación por posto, tan só alfabética. Neste listado estatal aparecen seis dos proxectos galegos que se adecúan a estes parámetros. O ciclo Cultura no Camiño é un deles, sen estar adscrito a ningunha localidade en concreto. O Festival Agrocuir da Ullo, que se celebra en Monterroso (Lugo) é outro deles. Desta mesma provincia están presentes tamén o Festival Bal y Gay da Mariña e o Festival dos Eidos, que organiza a Fundación Novoneyra en Fogoso do Courel. Ademais destes aparece neste listado o Festival de la Luz, de Boimorto ( A Coruña) e o Festival de Cans en O Porriño, Pontevedra.