A previsión de desescalada cultural

As fases de alivio do confinamento propostas polo goberno afectan de diferentes xeitos aos sectores creativos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O presidente do Goberno de España, Pedro Sanchez, daba a coñecer este 28 de abril a previsión de fases para aliviar as medidas de confinamento ás que está sometido o conxunto da sociedade. A proposta fala de períodos de apertura que terán unha duración flexible, cun mínimo de dúas semanas, que dependerán da situación nos diferentes territorios e que contarán coas provincias como espazos de referencia para a súa aplicación. Toda unha serie de mudanzas que terán efectos destacados en diferentes sectores da cultura. Aínda pendentes da concreción destas medidas, da súa publicación do Boletín Oficial do Estado e do xeito no que se aplican segundo vaia evoluíndo a situación, repasamos os posibles impactos do confinamento en diferentes ámbitos culturais.

As provincias galega iniciarán o proceso este 4 de maio na Fase 0. A partir desta data, o permiso de apertura para o comercio minorista, con cita previa e para atención individual, permitirá o traballo de librarías. A maiores, e segundo informou a Ministerio de Cultura á Axencia Efe, tamén se abrirán os arquivos neste primeiro período.

A Fase 1, como indicamos, aplicarase en diferentes territorios segundo a evolución da pandemia, pero chegará como mínimo dúas semanas despois da anterior. Na mesma está prevista, nun comezo, a apertura do pequeno comercio, sempre con medidas preventivas contra o virus, o que facilitará o traballo de librarías, tendas de discos e de artesanías ou outros establecementos vencellados ao ámbito creativo. Ademais, e de novo segundo informa Efe a partir do ministerio de cultura, este período achega xa novidades para actividades culturais presenciais. Na fase 1 prevese permitir o desenvolvemento de actos espectáculos en salas con menos 30 persoas (ata un terzo do aforo) e ao aire libre con menos de 200, sempre sentadas e a manter distancias de seguridade. Tamén se prevé a reanudación das rodaxes cinematográficas e televisivas. As bibliotecas abrirán só para préstamo neste momento, e os museos permitirán visitas ata un terzo do seu aforo.

Na Fase 2 está previsto unha ampliación da asistencia permitida a eventos, que será de ata 50 persoas (de novo cun máximo dun terzo do aforo dispoñible) en locais e ata 400 en exteriores. Será neste momento cando abran cines e teatro, a un terzo do seu aforo, e se permitan visitas a monumentos e exposicións. No caso das bibliotecas abriranse, de novo con prazas limitadas, para lectura durante este período, e tamén iniciarán a súa actividade, coas mesmas limitacións, salas de conferencias e multiusos.

A Fase 3 prevé basicamente unha ampliación á metade do aforo permitido nas anteriores propostas, aínda que tamén recolle a reapertura, a un tezo de capacidade, de "salas de artes escénicas e musicais". Os espectáculos en salas poderán encherse ata a metade de capacidade, e menos de 80 persoas, mentres os que se desenvolvan ao aire libre poderán chegar ás 800.A medida aplicarase tamén a parques de ocio e temáticos.

En calquera caso, fica por concretar o xeito no que se desenvolven estas medidas, os protocolos de seguridade a aplicar en cada caso e os tempos reais nos que cada provincia pode implementalas. Desde diferentes ámbitos culturais sinalaron xa a dificultade de soster negocios como festivais e concertos con estas limitacións de aforo.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Cultura e COVID-19

Ver serie completa
"A peor fenda dixital é a socio-económica"

"A peor fenda dixital é a socio-económica"

Falamos con Sergio Lago sobre os efectos e os retos do 'acelerón dixital' forzado polo confinamento

Cultura e Covid-19: Un futuro alternativo

Cultura e Covid-19: Un futuro alternativo

Unha mesa redonda virtual de Varanda Viva achega propostas para un cambio de paradigma cultural no país

Concellos ao rescate da cultura

Concellos ao rescate da cultura

Entidades locais eríxense en apoios fundamentais do tecido cultural coas súas iniciativas

Libro e COVID-19: A tormenta perfecta

Libro e COVID-19: A tormenta perfecta

A crise provocada pola pandemia súmase ás propias dinámicas da industria editorial para situar o sector do libro ante un escenario complexo

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Ministerio de Cultura, Artes Escénicas, Exposicións...