Para alén das máscaras máis coñecidas, os entroidos tradicionais galegos contan con toda unha variedade de protagonistas. Entre estes, foron e aÃnda son moi comúns as representacións de criaturas que con diferentes papeis fan tamén parte da festa. Facemos un repaso por unha ducia de animais do Entroido galego.
Desde representar simbolicamente a fin do inverno e participar de rituais de fertilidade ata ser obxecto de burlas. O Entroido galego reserva papeis do máis variado para diferentes tipos de animais, que participan na festa xa sexa en efixie ou na realidade. Cabalos, osos, galos, burros, vacas ou sardiñas poden atoparse en celebracións máis ou menos tradicionais por todo o paÃs, nalgúns casos con roles intercambiables e noutros mesmo con caracteres únicos e nomes especÃficos.
Para alén destes animais claramente identificados como tales, compre lembrar que moitas máscaras tradicionais dos entroidos galegos teñen un carácter animalesco. CaracterÃsticas como o non falar, contar con peles na súa vestimenta, ou o seu comportamento, en ocasións análogo a algunha das feras listadas, fan que moitos estudos etnográficos vinculen estes personaxes co mundo animal.
1- O oso
Foi posiblemente o animal por excelencia do Entroido, e malia a súa escasa presenza na actualidade, non cabe dúbida de que un dos animais que concentran un maior simbolismo nestas datas. Se ben a figura desapareceu ao longo do tempo de moitas destas celebracións continúa a ser parte fundamental da festa en Salcedo (Pobra de Brollón) na forma dunha máscara, e recuperouse tamén en Sande (Cartelle). Canda a estas localidades, fican testemuños da súa presenza en Betanzos, Toén, Vilariño de Conso, Buxán (O Bolo) e mesmo Pedrafita. Acompañado polo xeral de coidadores ou domadores, a figura adoitaba "atacar" as persoas coas que se cruzaba, no caso de Salcedo enzoufándoas con borralla e, en particular, coa barriga das mozas como obxectivo, no que se considera un rito de fertilidade. Suponse que o oso era o anunciador da primavera ao saÃr da súa hibernación. O investigador Xosé Manuel González Reboredo lembrábanos hai uns anos que "a tradición do oso estaba estendida por boa parte de Europa. Este animal representa, polo xeral, a natureza salvaxe. ExistÃa en moitos lugares a crenza de que polo Entroido o oso saÃa do seu tobo, e se atopaba a lúa chea metÃase de novo, se a vÃa nova, xa quedaba fóra".
2- O Galo
Vencellado no catolicismo coa idea do pecado, do orgullo e da luxuria, o galo tivo tamén durante anos o seu protagonismo nestas festas. De feito, dálle nome aÃnda ás máscaras propias da Mezquita, recuperadas en 2014 e que van tocadas coa forma deste animal. Para alén deste caso, a pegada do animal nas festas deuse de xeito tradicional en dúas vertentes.
Por unha banda foi ata hai ben poucos anos habitual a corrida do galo en moitas aldeas do paÃs. É esta unha tradición compartida en boa parte de Europa e rexistrada desde o século XII . O evento consistÃa, con diferentes variantes, nunha competición por decapitar ou roubar un destes animais. Xa fose coa ave suspendida das patas, enterrada parcialmente ou enganchada a un poste, os mozos de cada lugar tentaban ser o primeiro en conseguir este obxectivo e levar como premio o propio galo. Con vistas a eliminar o sufrimento do animal, a proposta variou nos últimos anos cara ao emprego de simulación. O Entroido de Cobres (Vilaboa), mantén con forza esta tradición, o mesmo que Baio, concello de Zas. Noutros moitos lugares como Allariz, OÃmbra, Beariz, A Pastoriza ou Cotobade quedan tamén testemuñas desta celebración.
Pola outra banda, mantense aÃnda en moitos lugares o testamento do galo, que noutros casos se realiza cun burro, como en Laza ou Celanova, cun boi como en Manzaneda, ou mesmo cun porco (caso de Mos). Tratábase neste caso da lectura do suposto legado que facÃa o animal ao morrer, en moitos casos a deixar diferentes partes do seu corpo ás persoas beneficiarias. De xeito similar, tamén se representaban xuÃzos a estes personaxes en Baleira, Meda ou na Ulla, segundo recolleron diferentes investigacións. Con esta escusa facÃase un repaso satÃrico polas faltas e eventos da veciñanza e de personaxes públicos. A tradición deste discurso ten tamén os seus anos, xa que San Xerónimo fala dun "testamento do porco" aló polo século IV. Canda a estas, existÃa tamén a variante de escoller reis ou raiñas de galos, algo que está rexistrado que se facÃa a comezos do século XX en Viana do Bolo e Toutón.
En relación ao galo, pódese falar da Pita do barrio das Eiroás, en Ourense. Esta máscara, creada neste mesmo século, ten elementos do animal co que comparte nome: un pico, flocos baixo os brazos a xeito de ás e un remate ca cabeza en forma de cabeza de polo. No entanto, a orixe da figura non está na ave, senón nunha veciña do barrio con ese alcume.
3- A vaca (ou o boi)
Os Entroidos tradicionais do paÃs están cheos de vacas e bois, e mesmo algún touro. Iso si, simulados mediante bonecos que manexa a veciñanza. A Morena de Laza é posiblemente o exemplo mais coñecido do papel destes animais no evento, que polo xeral non é outro do que turrar cara á concorrencia. Ademais de en Laza, teñen tamén Morena en Matamá, mentres en Maceda sae a Marela. Tamén contan con cadansúa vaca en Tamicelas, Bidueira, a Mourela, o Bolo e mesmo no Courel, recén recuperada. En Sande, o animal acompaña o Oso nas súas saÃdas, e en Celavente (o Bolo) fai par co Xigante. Na Veiga son figuras de Bois as que saen a acompañar o Folión e en San Martiño (Manzaneda), Touros. Nunha evolución desta figura, o folión Os Arrieiros de PetÃn acompáñanse dunha máscara de minotauro nos seus desfiles, tanto na vila como nas súas visitas a outros Entroidos.
Para alén das figuras, tamén hai festas que participan animais auténticos, neste caso adoitan tirar do carro no que se porta o meco ou a figura que representa o Entroido no lugar.
Unha inversión curiosa que se dá en varios entroidos é a asunción dos homes de cada lugar do papel de vacas a tirar dun carro. Dáse na Marela de Maceda, en Laza, onde tamén son persoas as que moven o carro desde o que se reparte a bica e desde o que se bota fariña, ou na escenificación da Sementeira que se fai en Barizo, Malpica.
4- O cabalo
Fronte a vaca, o cabalo no Entroido si que é un animal de verdade. AÃnda que fai parte da posta en escena da festividade, non é nesta ocasión a interactuar co público nin como obxecto de burlas. Pola contra, o máis habitual é que apareza, aÃnda hoxe, vencellado a figuras que encarnan a autoridade e o respecto. Para alén dos casos máis obvios dos Xenerais da Ulla, tamén o Rei de Covelo, os Felos de Garabás (Maside), o Xeneral que encabeza o Exército dos Panos de Mazaricos ou os Cabaleiros de Salceda de Caselas montan un destes animais, do mesmo xeito que o facÃan os antigos Lanceiros de Cotobade.
5- O burro
Pola contra, o burro si que é obxecto de burlas, e de novo é representado case sempre por un animal desta especie. Para alén de ser protagonista de testamentos varios (como o de Laza), aparece vencellado a figuras que representan personaxes de fóra da comunidade e que son satirizadas. En Laza é a Xitanada dos Burros, noutros lugares son os Maragatos os que aparecen vencellados a este animal. Nunha liña similar, aÃnda que neste caso a contar cun simulacro, en Viana é unha mula a que acompaña o Maragato. Neste caso o animal desenvolve un comportamento similar à s vacas, tentando no seu caso coucear a asistencia.
6- O porco
Para alén da súa importancia gastronómica nesta época, o animal está presente tamén na simboloxÃa de moitas destas festas na forma de efixie. AsÃ, para alén de protagonizar algún testamento, en lugares como Santiago personifica a festa ao ter o Meco, que se queima ao final da celebración, feitura porcina.
7- As cabras e ovellas
O personaxe que protagoniza a festa en MuÃños recibe o nome de Cabreiro e cubre a súa cara cunha máscara en forma da cabeza deste animal. Recuperado en 2004, a tradición sinala que o personaxe baixa da montaña para visitar a aldea e, como non, meterse coa xente. Para alén desta presenza directa, prolifera o uso de peles de ovella para moitos dos disfraces tradicionais, en particular os dos osos. Fóra destes, no entanto, non hai exemplos claros nos que ovinos e caprinos desenvolvan un papel especÃfico na festa.
8- As formigas
En Laza é onde estes insectos conseguen un certo protagonismo durante a baixada da Morena. A coincidir co luns borralleiro celébrase o célebre lanzamento de formigas, tradicionalmente enervadas con vinagre, para que piquen a concorrencia. Tamén noutros entroidos, como no de sande, os foleiros ou abutardas levan tamén saquiños con estes animais para amolar a xente.
9- As centolas
Da presenza dos centolas no entroido fica unicamente o testemuño dunhas máscaras presentes antano nesta celebración (e no Corpus) na cidade de Pontevedra. Os "Centulos" como eran coñecidos, empregaban a cuncha deste animal para cubrir a cara, e semella que desenvolvÃan un comportamento análogo a outras figuras entroideiras, mesmo a contar con vexigas inchadas coas que batÃan na xente.
10- Os dos cornos
Cun feitÃo claramente animalesco pero sen especie definida, entre demo, oso ou trasunto do boi, a figura do cornudo aparece en varios entroidos do paÃs. O Vello dos Cornos de Vila de Cruces ou o Demo de Reis (Teo) son exemplos destacados que actúa como máscaras en solitario. Ataviados con peles e con prominentes cornamentas acompañan as comitivas dos xenerais e métense coa asistencia, ao xeito de moitos dos seus compañeiros. Tamén moitos dos encargados de tirar do carro que leva a Marela a Maceda van adubiados con cornos e peles, nun feitÃo similar aos Peliqueiros do Entroido Ribeirao de Chantada, que mesmo empregan cranios de animais na súa caracterización.
11- A sardiña
Semella que a implantación do Enterro da Sardiña como rito final do Entroido no noso paÃs deuse durante o século XIX a través de vilas e cidades. O significado mais aceptado sobre a simboloxÃa deste animal refÃrese á burla que se fai da prohibición de comer carne durante a Coresma. AÃnda que se expandiu co tempo, o animal continúa a ficar fóra das festas máis rurais.
12- Os novos animais
O esforzo de cada localidade por conseguir unhas festas diferenciadas están a dar tamén nunha lexión de animais que se están a vencellar ao Entroido, nalgúns casos a recuperar tradicións anteriores e noutras con destacadas innovacións. O Ravachol de Pontevedra, que apareceu nos anos 80 como recreación dun entroido concreto de comezos do século XX foi rapidamente imitado por barrios e concellos limÃtrofes. Nesta mesma cidade, no barrio de Monteporreiro apostaron por enterrar un porco, mentres no veciño concello de Poio fechan a festa co Galo Fodorico. Nese mesmo municipio desenvolveuse durante varios anos a queima dun Mexillón en Combarro e dun Berberecho en Lourido, celebracións suspendidas en 2019. O Paxaro de Mal Agoiro en Bueu, a Cabra en Sanxenxo, o Galo Bruxo de Samieira, o Kiko en Nigrán, a Lamprea en Salvaterra o Bacallau en Tui ou a Solla en Catoira son exemplos da diversificación que está a acadar a fauna desta festa.