Recuperar cores e formas

Continúa a recuperación de traxes e costumes do entroido

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Recreación dos labregos de Marcón. Ilustración: SAGA

Recreación dos labregos de Marcón. Ilustración: SAGA

De norte a sur e de leste a oeste, o entroido galego é unha celebración diversa con moitos pequenos matices que cambian de parroquia en parroquia. Ano tras ano vanse recuperando figuras e rituais vinculados á festa. Desta volta, hoxe falamos das Bonitas de Sande, os labregos de Marcón, os cabreiros de Muíños e os Galos da Mezquita.

Pasado por auga pero imparable, o Entroido galego continúa a recuperar figuras e tradicións esquencidas.

As bonitas de Sande
Disque as Bonitas de Sande naceron dos atavíos que trouxeron os soldados da parroquia de Sande (Cartelle, Ourense) que combateron na Guerra das Filipinas. Segundo o web do CEIP Manuel Sueiro, como as prendas eran “bonitas”, quedoulles o nome. O seu disfraz consiste nunha máscara na que e pintan con cores partes da cara e un armazón de madeira adornado con plumas de aves, panos de seda e cintas de cores. A vestimenta consta de panos de seda, colchas facendo de faldas…

Os cabreiros de Muíños
No concello limiá de Muíños estase a recuperar a curiosa figura do cabreiro, que é un disfraz que simboliza a unha cabra que baixaba o pobo para participar nunha loita que ao final remataba cunha danza. Sobresaía a cabeza do cabreiro, hoxe feita de cartón-pedra e no pasado pode que creada a partir dunha caliveira. A figura estaba musealizada desde 2004 pero non tiña unha vida real.

Os labregos de Marcón
A parroquia pontevedresa de Marcón está a tentar recuperar un entroido moi singular. Os “labregos” eran unhas figuras vestidas de branco, que levaban un gorro en forma de cono e un pano portugués cruzado. Levaban axóuxeres na perna e bailaban fronte a outra figura, un boneco de palla levado en ombreiros por outro participante. O resto da xente leva caretas, bucinas e caramuxas. Así ían de casa en casa. A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) está a tentar a recuperación deste orixinal costume.

Os galos da Mezquita
Os galos da Mezquita, do concello da Merca, son outra das festas populares que levaban tres décadas sen se celebrar. Así chámase aos portadores dun traxe branco con mantóns e colares –como os desta zona ourensá- pero que se singularizan por uns fermosos sombreiros con forma de galo.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Universo Entroido

Ver serie completa
Disfrazarse para contar o teu tempo

Disfrazarse para contar o teu tempo

As fotos do entroido coruñés de 1916 desvelan as inquedanzas e os conflitos internacionais da época

Unha ducia de animais de Entroido

Unha ducia de animais de Entroido

A fauna acada unha importante presenza nas formas tradicionais desta festividade

Napoleón no Entroido

Napoleón no Entroido

A guerra contra os franceses deixou a súa pegada nalgúns dos máis coñecidos entroidos do país

Labardeiros do Südtirol, xenerais de Romanía

Labardeiros do Südtirol, xenerais de Romanía

As máscaras tradicionais dos entroidos galegos teñen estreitos parentescos con personaxes de toda Europa

"O turismo está a desvirtuar o sentido profundo do entroido"

"O turismo está a desvirtuar o sentido profundo do entroido"

Falamos co antropólogo Rafa Quintía sobre a promoción destas festas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Muíños, Portugués, Guerra...