Malia facer parte dunha longa tradición, moitas das máscaras dos entroidos máis populares teñen sufrido evolucións ao longo do tempo. No noso paÃs en concreto, o paso das tropas napoleónicas deixou a súa pegada en varias celebracións e no aspecto dalgúns dos personaxes con máis sona destas festas. Seguimos a repasar con Pancho Lapeña os riscos das nosas máscaras tradicionais.
As variacións entre as máscaras dos entroidos tradicionais por todo o continente débense en moitos casos a evolucións nos materiais e os xeitos de vida. Nalgúns casos mesmo é posible que eventos que deixaron pegada nas diferentes poboacións influÃsen en determinadas eleccións estéticas ou de comportamento destes personaxes. Entre os máis traumáticos, as guerras influÃron nas variacións de aspecto que adquiriron algúns dos personaxes que saen á rúa nestes dÃas. No noso paÃs, máscaras tan coñecidas como os cigarróns ou os peliqueiros de Laza poden ter a orixe do seu actual feitÃo nun destes feitos históricos, as Guerras Napoleónicas.
Unha máscara con variantes
Tal e como comentamos na anterior reportaxe, o deseñador Pancho Lapeña ten investigado as máscaras de Entroido galegas desde a perspectiva de as considerar parte dunha familia europea na que hai variacións sobre unha serie de elementos e temas concretos. Olladas desde xeito, Lapeña integra varias máscaras nun mesmo epÃgrafe, como é o caso do Peliqueiro de Laza, do Cigarrón de VerÃn e do Felo de Maceda, os tres con grandes parecidos e comportamentos similares, se ben os dous primeiros levan unha zamarra coa que bater a xente e o terceiro, con medias negras, emprega un bastón. Segundo el, "esta máscara é común a toda a Serra de San Mamede". AÃnda se poden engadir a esta lista outros personaxes con deseños similares como son as recentemente recuperadas Mázcaras da Xironda, os Chocalleiros de Vilardevós ou os Peliqueiros de Campobecerros, todos eles con elementos similares como é a mitra semicircular, as gravatas e, en varios dos casos, as charreteiras, as medias e os adornos elaborados.
Militares napoleónicos
Ademais de negar unha diferenciación que enfronta con certa animosidade as poboacións dos respectivos lugares, este investigador refuta tamén a idea dunha orixe ancestral no aspecto destes personaxes. O seu feitÃo, caracterizado polas súas mitras e os recargados traxes, non se corresponde segundo el cunha máscara ancestral que se fose transmitindo de xeración en xeración. "A imaxe é moi moderna, levan gravata e charreteiras. Van vestidos como poderÃa ir un avó a reproducir unha figura das guerras de Napoleón. Non se pode dicir que sexa unha máscara arcaica polo seu aspecto. En boa medida é un soldado desas guerras, con bigotes refinados", explica, a lembrar que as máscaras, como as tradicións en xeral, son elementos vivos que se van adaptando aos tempos. "Outra cousa é que existise con anterioridade a esa época o Peliqueiro, Cigarrón ou como se queira chamar. Seguramente eran diferentes entre si e non tiñan esa forma". A coñecida pelica que lles dá nome e que ficou restrinxida á pel que se leva detrás da mitra (no caso da Xironda emprégase o pelello enteiro dun raposo) semella ser un vestixio que queda do que puido ser a máscara animalesca orixinal.
A evolución do medo
Na mesma liña, este investigador lembra que "en Chantada existe o nome de Peliqueiro para un personaxe completamente diferente, que basicamente son persoas cunha pel de animal por riba e con cornos. E en Castrocaldelas teñen o Irrio Peliqueiro que non ten que ver cos de Laza" ao representar un personaxe con barba e un pano vermello a lle cubrir a cabeza. AsÃ, Lapeña considera que as versións da zona de San Mamede "seguramente nun comezo representaban, como noutros lugares, o monstro que saÃa do monte e daba medo. Pero co tempo ese medo evolucionou a outros temores, como o da guerra". Precisamente estas transformacións singularizan en boa medida estas máscaras no conxunto das festas de inverno europeas coas que, no entanto, manteñen moitos elementos comúns. "A estética da careta é moi diferente a outras, pero logo a súa liturxia e algúns elementos", como os chocallos e o chicote, "son tamén comúns a outros personaxes".
O parentesco cos xenerais
AsÃ, a incidir na pegada dos conflitos napoleónicos no aspecto destes personaxes, lembra que "é moi posible que a máscara xa existise moito antes da Guerra de Independencia, pero que quedase marcada por este conflito", explica. "Semella que na Limia e en Monterrei houbo batallas foron especialmente crueis e posiblemente xeraron un trauma na poboación. E esa idea de algo terrible pasou a este personaxe". A maiores, atopa outro caso no noso paÃs no que tamén se pode detectar esa mesma influencia. "Non é algo tan estraño porque o mesmo aconteceu na Ulla cos Xenerais dun xeito diferente". Tamén cómpre sinalar o recentemente recuperado Exército dos Panos de Arcos, en Mazaricos, que representa toda unha batalla entre dous bandos con reminiscencias da de Ponte Olveira, que se deu nese mesmo perÃodo bélico. A pegada deste conflito deixouse sentir tamén nos Entroidos doutros lugares de Europa. "Momentos militares que marcasen as poboacións hai moitos e hai no Südtirol outros Xenerais do Ulla, moi semellantes a estes en estética e en comportamento. E RomanÃa están os caiutii, que no canto de ir a cabalo inclúen a montura como un apéndice artificial que fai parte do disfraz".
Outras mudanzas
Non son estes o únicos casos nos que Lapeña sinala unha transformación nas formas das máscaras tradicionais. Sen ter tan clara a conexión, este deseñador apunta tamén a relativa modernidade do aspecto das Pantallas de Xinzo. "Non está moi claro o que é, semella unha mestura entre unha persoa e un demo. Tamén ten un bigote fino e coloretes, e leva na cabeza esa boluta que non me atreverÃa a dicir que puidese ser un gorro frixio. Mestura moitos elementos, vese influencia doutras máscaras da zonas pero conserva a súa singularidade", explica. "Co Merdeiro en Vigo houbo tamén unha evolución acorde cos tempos. Nos anos 80 e 90 tiña o aspecto dun señor con funda de Citroën e unha careta feita en China". Cando se abordou a recuperación da máscara, na que Lapeña tivo un papel destacado, "tentamos devolverlle unha forma estética, e optamos por unha máis semellante á que podÃa ter no século XIX e comezos do XX, que perdera porque evolucionara desoutro xeito". AsÃ, a faixa, o chaleque, a camisa ou a máscara coa que se recreou este personaxe, a recuperar descricións e debuxos da época, remiten tamén un momento concreto da historia de Vigo. "Semella que á hora de deseñar a máscara acertei porque logo apareceu unha fotografÃa cun aspecto similar ao que propomos. De xeito similar, en VerÃn ou Laza tamén o adaptaron a raÃz duns acontecementos traumáticos". E é que as tradicións tamén mudan, se lles deixamos.