Nos últimos anos, existe unha aposta crecente por parte das Administracións por convertir determinados entroidos do rural galego nun produto turÃstico. O fenómeno está a espertar algunhas reaccións crÃticas, como as da asociación compostelana Gentalha do Pichel, que denuncian que o fenómeno ten repercusións en que aqueles que buscan o Entroido abandonan a súa cidade para ver os entroidos ourensáns. Que cambios provoca nesta antiga práctica da sociedade tradicional galega esta nova dimensión? Falamos co antropólogo Rafa QuintÃa, especialista na festa do entroido, sobre estes cambios.
-PercÃbese nos entroidos galegos a presenza turÃstica? Se é asÃ, están a provocar cambios nestas festasÂ’
-Si, estase notando unha tendencia cada vez maior á turistificación, sobre todo naquelas declaradas de interese turÃstico nacional e naquelas que se están, dirÃamos, malpromocionando. Creo que se está a pasar dunha festa participativa, ritual e poliédrica, na que entran moitos máis aspectos que o puramente estético, a un espectáculo e a unha representación.
Neste proceso, hai entroidos menos vistosos que quedan atrás e outros que se favorecen?
-Hai que ter en conta que a maior parte dos entroidos perdéronse entre os anos 50 e os 70. É unha festa espallada polo territorio e cada parroquia e lugar tiñan as súas particularidades, porque iso tamén é propio do noso carácter e da tendencia a diferenciarnos. Estase a aproveitar aqueles que teñen un maior impacto visual ou estético, pero desvirtuando a festa, e por outro lado vemos unha pulsión de imitación, estanse creando novos entroidos e recuperando outros. Igual que cando se crearon as Festas Gastronómicas, nas que se inventaban especialidades locais.
En que medida se producen invencións?
Tes o caso de máscaras novas. Ao querermos só a parte estética da festa, buscamos unha personaxe propia, pero o importante dun entroido non é esa figura, senón o rito que esta personaxe oficia. Cando o Felo percorre as aldeas de San Mamede, iso é un asunto moi serio: un oficiante que está a facer un rito. Ficamos cunha perspectiva banal, dos tempos modernos do consumismo e dunha visión urbana do Entroido no que este se reduce ao aspecto lúdico e satÃrico, cando o Entroido é moito máis.
Como reaccionan as comunidades locais ante a chegada de tantos foráneos a ver o seu Entroido?
-De dúas maneiras. Por unha banda, os que sinten orgullo de que ao seu entroido veña máis xente. Sobre todo isto pasa cos polÃticos e a administración, que é a que está a fomentar esta dinámica ata puntos sorprendentes. Tamén temos a xente que está en contra, sobre todo por certos comportamentos que se xeneran por parte de foráneos que non comprenden ben as tradicións. Pantallas de Xinzo de LImia que viven con emoción o momento de vestir o traxe, e se desesperan de que calquera poida poñer o traxe de pantalla e aparecer tirado polo chan borracho. Ou xente que non sabe que as máscaras non se poden tocar, pero bótanlles fariña ou agárranas. Despois, como estas festas acaban sendo monopolizadas pola Administración e mal subvencionadas, acaban reducindo o nivel de crÃtica, sátira e rebeldÃa que sempre levan asociadas. A administración tende a querer regular e normativizar todo, e aÃnda que o entroido non é un caos nin moito menos, ten as súas propias normas.
A ninguén se lle ocorre, por exemplo, xuntar todos os pasos de Semana Santa na Cidade da Cultura, porque non terÃa sentido. Sen embargo, si se fai co Entroido galego. Aproveitamos todo o que ten de vistoso e visual pero deixamos atrás o que realmente significa.
Pero a sociedade galega tamén cambiou. Xa non está tan baseada no rural como antes, no que nacÃan eses Entroidos. Como poden estas festas afrontar o futuro?
O entroido como expresión cultural foi mudando ao longo do tempo. A súa raÃz está en ser a interfaz entre o inverno que remata e a primavera que empeza. Logo o cristianismo foi condicionando, limitando e anulando a festa, e esta cambiou. Na sociedade rural tamén foi mudando o seu significado, pero en Galicia aÃnda conserva moito do entramado social, das necesidades de ritualizar enfrontamentos e aliviar tensións. Coido que segue a haber un espazo para ritos que favorezan a cohesión social, a sátira e mesmo para manter certas ritualidades. HoxendÃa estamos nun proceso de homoxeneización cultural derivado da globalización, pero á vez estase a producir unha resposta de afirmación das identidades colectivas, e nesa tendencia é onde debemos mirar o futuro do Entroido.