O antropólogo Rafa Quintía gaña o premio Xermade na Historia

Un estudo sobre o Entroido tradicional valeulle os dous mil euros do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A aboreada das mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos entroidos tradicionais de Xermade é o título do estudo co que o antropólogo Rafa Quintía se fixo co VI Premio Xermade na Historia. O xurado do galardón, dotado con dous mil euros, destacou do traballo "a súa rigurosa metodoloxía, logo da gran tarefa de investigación levada a cabo". No seu estudo, Quintía repasa parroquia por parroquia as diferentes tradicións de Entroido do concello a partir dun completo traballo de campo desenvolvido coa veciñanza.

Roberto García, alcalde de Xermade; Xosé Manuel Felpeto, presidente da asociación de veciños de Cabreiros; Ana Cabana, profesora da USC; Antonio Reigosa, profesor e investigador e a presidenta do Iescha de Vilalba, Marisa Barreiro foron os membros do xurado deste galardón, que tivo como secretaria a Lucía Guizán, educadora familiar do Concello.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Antonio Reigosa, USC, Etnografía...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares