O Concello de Xermade entregou este domingo 8 de xuño os galardóns Xermade na Historia, que recoñece traballos de investigación sobre o patrimonio etnográfico e cultural deste municipio. A décima xeira do concurso tivo como gañador a Juan Carlos Vivero, pola súa obra A sociedade de instrución e recreo Progreso de Lousada.
O autor, que recibiu 2.000 euros en metálico, abordou no seu traballo as peculiaridades desta sociedade de emigrados creado na parroquia en 1915 e na Habana en 1916 e desaparecida en 1957. Entre outras iniciativas, a entidade abordou a construción dunha escola e promoveu a primeira instalación eléctrica da parroquia, entre outros fitos.
Lela Castelo, pola súa banda, obtivo o segundo premio, dotado con 1.000 euros, pola súa Aproximación á cultura inmaterial de Xermade. A autora recolleu adiviñas, refráns, lendas, léxico, crenzas e curiosidades propias da tradición oral local. Os dous traballos serán publicados polo concello.