
A Sociedade impulsora da revista naceu coa vontade, segundo os seus Estatutos, de "construir edificios para escuelas en todas las parroquias de los Ayuntamientos de Vivero, Orol, Muras, Riobarba, Jove y Cervo, y crear una escuela de Artes y Oficios". Tiña como lemas varias frases de Concepción Arenal "Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra" ou "La instrucción es de necesidad pública". Na súa elaboración colaboraron figuras como Alberto Michelena; Andrés Prieto; Blanca Espinar; César Michelena Rebellón; Constantino Horta; D'Arxellas ou Vicente Otero Cao. Escribiuse maioritariamente en castelán reservando o galego para algunha creación poética. Intercalados entre os artigos hai numerosos anuncios comerciais, de compañÃas navieiras, bancos e aseguradoras.