O Repertorio da prensa da emigración galega, proxecto que mantén o Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG), suma 17 novos números da cabeceira Eco de Galicia. A publicación, editada pola Empresa de Publicidad Galiciana da Habana, incluÃa artigos informativos sobre as institucións galegas creadas en Cuba e tamén noticias sociais, artigos polÃticos e traballos históricos, xeográficos, económicos ou culturais, asà como unha "páxina nazonalista". Os números que se incorporan neste mes de xaneiro pertencen a diversos exemplares publicados entre os anos 1918 e 1923, que foron depositados no AEG por Pilar Cagiao.
Fundada en 1917 por Manuel Fernández Doallo, a cabeceira Eco de Galicia estivo editada pola Empresa de Publicidad Galiciana na Habana (Cuba) ata o ano 1936, momento en que cesou a súa publicación. De temática variada, incluÃa entre os seus contidos numerosos artigos para informar da creación de institucións galegas na illa de Cuba. Ademais, contaba con algunhas seccións que tiveron continuidade na revista, como “Correo de Galicia”, na que se daba conta das principais novas do paÃs agrupadas por provincias, ou “Vida de la Colonia”, a través da que se informaba das actividades lúdicas organizadas polas asociacións de emigrantes. José Lesta Meis tiña a súa propia sección, “De mi tierra”, na que escribÃa artigos sobre diversos temas. A revista incorporaba tamén poesÃas, noticias sociais, artigos polÃticos, biografÃas e bibliografÃas, traballos históricos, xeográficos económicos e culturais e mais unha “páxina nazonalista”.
As ilustracións eran abundantes e adoitaban amosar as paisaxes galegas ou algunha vila do paÃs, monumentos e esculturas, asà como fotografÃas das actividades lúdicas e dos eventos sociais organizados pola colectividade. A publicidade, que se concentraba nas primeiras e nas últimas páxinas da cabeceira, incluÃa anuncios de compañÃas institucionais e de navegación, asà como de comercios, bancos e aseguradoras, moitos dos cales eran propiedade dos galegos asentados en Cuba.
A cabeceira comezou a súa andaina cunha publicación semanal, periodicidade que mantivo durante os dous primeiros anos. A partir dese momento, a actividade comezou a ser irregular, con números que se difundÃan semanal, quincenal ou mensualmente e mesmo con perÃodos temporais nos que só aparece un número, como no ano 1931, ou ningún, como en 1932. Os 17 exemplares que se incorporan ao Repertorio da prensa da emigración galega pertencen aos anos que van de 1918 a 1923.