Unha colección recupera títulos clásicos da emigración galega

O Consello da Cultura e a Secretaría Xeral de Emigración reeditan unha ducia de obras desta temática

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Unha colección recupera títulos clásicos da emigración galega

La emigración en Galicia publicada por Ramón Castro López en 1923 é o libro que abre a colección "Clásicos da Emigración". O Consello da Cultura Galega e mais a Secretaría Xeral da Emigración presentaban mércores este proxecto que recuperará unha ducia de textos clásicos sobre o fenómeno migratorio no noso país, con novos prólogos a cargo de especialistas no ámbito como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo, entre outros.

Esta primeira entrega, escrita polo sacerdote Ramón Castro, achega a visión sobre a emigración desde o rural lucense de comezos do século XX a incidir de xeito particular nos aspectos máis positivos do fenómeno. A obra está dispoñible para a súa descarga no web do CCG e conta tamén con edición física.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos