Bota a andar o Plan Director do Patrimonio Cultural no exterior

Emigración e o Consello da Cultura desenvolven diferentes accións arredor destes bens

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Promover, conservar e recuperar o patrimonio cultural da emigración galega. Este é o eixe do vindeiro Plan Director para a conservación do patrimonio documental das sociedades de emigrantes, que comezará a se elaborar ao longo dos vindeiros meses mercé ao acordo entre o Consello da Cultura Galega em ais a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta. Ramón Villares, presidente do Consello e Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración asinaban esta mañá en Comspostela o convenio de colaboración entre as dúas entidades pola que se iniciarán os traballos de elaboración da primeira fase deste plan.

Ademais, o acordo, dotado cun total de 42.500 euros, prevé o desenvolvemento das xornadas Emigración e Cidadanía, a edicion dun libro biográfico como Eliseo Pulpeiro, editor de Céltiga e mais a dixitalización de documentos relacionados coa emigración dos arquivos consulares de Brasil e Cuba.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Documental, Consello da Cultura Galega, Brasil...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares