Xosé Manuel Felpeto Carballeira (Xermade, 1961) ven de gañar o décimo quinto Premio de Investigación Ferro Caaveiro, convocado pola Asociación Padroado do Museo Etnográfico da Capela A capela, A Coruña), co traballo 'O Toxo. Terra, espiñas e fermosura' que acadou a unanimidade do xurado. Este premios perseguen impulsar a realización de traballos sobre o patrimonio cultural- nos aspectos etnográfico, antropolóxico, histórico, xeográfico ou arquitectónico- das comarcas do Eume, Ortegal e Ferrolterra. No traballo gañador Felpeto afonda na importancia que tivo o toxo para a economÃa das familias do rural na posguerra. Hana Santamariña Fernández levou o segundo premio, con "O esquecemento da memoria. As pegadas do patrimonio da Capela"; e Secundino GarcÃa Mera, o terceiro, por "A Capela mudando no tempo". Estes premios teñen unhas dotacións de 600 euros, 300 e 200 respectivamente, ademais da publicación dos traballos na revista "O Retorno". Os premios entregaranse o vindeiro 26 de novembro no transcorrer das XVII Xornadas MuseÃsticas, onde tamén se exporán os traballos sinalados.