AS V Xornadas Mouras analizan o legado etnográfico e a súa museoloxía

Celébranse nas Pontes de García Rodríguez o 26 e 27 de outubro de 2013

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A quinta edición das Xornadas Mouras detense nesta ocasión no legado etnográfico do noroeste. "Partimos da cultura material recollida nos tres museos de referencia do Eume e do Ortegal e o seu paralelismo coa tradición asturiana", aseguran desde a organziación, que convidaron aos promotores dos museos etnográficos do Monte Caxado, da Capela, de Meixido e de Grandas de Salime, que explicarán experiencias na recollida, protección e divulgación do material etnográfico. As conferencias levaranse a cabo na biblioteca do CEIP Monte Caxado das Pontes e haberá tamén visitas guiadas polos museos etnográficos das Pontes, A Capela e Ortigueira.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Eume, Ortigueira

Claves

Conceptos
Lugares