A Deputación da Coruña apoia entidades culturais con case 600.000 euros

O organismo provincial concedeu as súas axudas a fundacións e a asociacións sectoriais deste ámbito

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Un total de 28 fundacións culturais reparten os 405.329 euros das axudas coas que a Área de Cultura da Deputación da Coruña apoia estas entidades. O organismo provincial deu a coñecer esta semana as contías desta liña de apoio, que facilitará o traballo de fundacións como as dedicadas a Rosalía de Castro, Fernández Flórez, Eduardo Pondal, Manuel María, Eugenio Granell, Torrente Ballester ou Luís Seoene canda a outras que xestionan centros coma o Museo Terra de Melide, Museo do Pobo Galego, Museo Etnográfico da Capela ou o Museo Etnográfico Monte Caxado. A estas súmanse na listaxe de beneficiarias outras como a Fundación Dardo Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas. A convocatoria estaba dirixida a entidades con bibliotecas, museos ou centros de interpretación.

De xeito paralelo, a Deputación tamén deu coñecer estes días o fallo da primeira convocatoria da liña de axudas a entidades profesionais do sector cultural. En total foron 187.557 euros os que se destinaron a quince colectivos deste tipo. A Academia Galega de Teatro, cunha axuda de 30.000 euros, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, con 28.500, a Asociación de Empresas de Artes Escénicas, con 23.656 ou a Academia Galega do Audiovisual, con 21.510, son as que conseguiron maiores axudas neste campo.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito